Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

10 de agosto de 2016

O disparo pirotécnico da Batalla Naval, que terá lugar este sábado á noite desde o Castelo de San Antón, durará 20 minutos

O dispositivo de seguridade durante a sesión obrigará a cortar durante dúas horas o ramal do túnel do Parrote e implicará restricións de paso tamén en parte da superficie

O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, concretou este mércores os detalles do espectáculo pirotécnico da Batalla Naval, que terá lugar este sábado, ás 23.00 horas, coincidindo coa celebración da Tall Ships Races, e que será un dos pratos fortes da xornada, xunto co concerto de Carlos Baute, que comezará ao remate dos fogos, dentro do ciclo As noites de María Pita, na praza. Tal e como indica o responsable municipal, o disparo terá lugar desde a zona do Castelo de San Antón, e consistirá nunha sesión de fogos, acuáticos e terrestres, cos que se recrea a entrada e o desembarco das tropas inglesas por vía marítima na cidade en 1589 e a resistencia dos e das coruñesas, ata rexeitar a invasión. Serán, concretou o responsable municipal, 18 minutos de fogos, aos que se suman os máis de dous minutos previos de "tronos de aviso", que anunciarán o espectáculo.

Tal e como sinala o concelleiro, o dispositivo de seguridade establecido para a sesión implicará restricións no acceso de paseantes á parte do Parrote máis cercana a San Antón, incluíndo o  paso á zona do Martelo, onde se atopa a estatua da Virxe do Carme, nas horas nas que terá lugar a Batalla Naval. Igualmente, por motivos de seguridade, desde unha hora antes da sesión de fogos e ata unha hora despois (de 22.00 a 24.00 horas) quedará cortado ao tráfico o ramal do túnel do Parrote que da acceso ás Animas. Dentro do dispositivo de seguridade tamén quedará pechado durante esas horas o aparcamento situado na zona do Náutico.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión