Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

27 de maio de 2016

O edil José Manuel Sande salienta "o uso cultural do espazo público" na inauguración de 'Platea. Los fotógrafos miran al cine', a mostra ao aire libre situada na Mariña

A exposición, que se desenvolve no marco do (S8) Mostra de Cinema Periférico, contén traballos de 40 artistas estatais entre os que se atopa o coruñés Manuel Vilariño

O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, inaugurou na mañá deste venres a exposición ao aire libre Platea. Los fotógrafos miran al cine, unha escolma de 40 traballos de artistas estatais que poñen en relación ás artes da imaxe. A mostra, que se enmarca na celebración da sétima edición do (S8) Festival de Cinema Periférico, atópase situada na explanada da Mariña, un feito que o responsable municipal quixo destacar durante a presesentación, "ao dotar a un novo espazo da cidade dun uso artístico e cultural". "Falamos dunha nova conquista cultural da rúa e do espazo público a través da arte e  feito creativo, da apertura e accesibilidade ás vangardas fóra dos recintos", sinalou Sande, quen tamén salientou a presenza da obra do coruñés Manuel Vilariño - Premio Nacional de Fotografía - na exhibición e  a "irmandade" que representa esta mostra entre as artes visuais, "que complementa a extensa programación do S8, nunha edición que desexamos sexa fructífera para todas e todos os que se acheguen ás actividades".

O concelleiro estivo acompañado na inauguración polo responsable do (S8), Ángel Rueda, quen salientou a "influencia da fotografía nos cineastas e viceversa", e tamén por Jorge Sobredo, director de programación de Acción Cultural Española, a entidade que organiza esta exposición itinerante. Sobredo destacou o carácter "participativo" desta mostra ao aire libre "para que poida ser disfrutada tanto polo público que asiste aos recintos dos festivais, como aquel que se atopa na rúa durante a celebración do mesmo".

A exposición Platea. Los fotógrafos miran al cine, que poderá visitarse ata o 12 de xullo, chega á cidade da Coruña tras o seu paso polos festivais de cine de San Sebastián, Sevilla, Murcia e Málaga. A comisaria da mostra é a fotografa Blanca Berlín, quen seleccionou traballos de 40 artistas de recoñecida traxectoria tanto a nivel estatal como internacional: Amparo Garrido, Ana Muller, Andreu Catalá Roca, Antonio Lafuente, Antonio Tabernero, Beatriz Moreno, Beatriz Romero, Blanca Berlín, Carlos Pérez Siquier, Castro Prieto, Chema Conesa, Chema Madoz, CiucoGutiérrez, Colita, Cristina de Middel, Cristina García Rodero, Eduardo Momeñe, Encarna Marín, Francesc Catalá Roca, Gabriela Grech, Gerardo Custance, Hélène Bergaz, Joan Fontcuberta, Jordi Socías, Juan Manuel Díaz Burgos, Laura Torrado, Linarejos Moreno, Ma Casanova, Manel Esclusa, Manuel Vilariño, Martí Llorens, Miguel Ángel Mendo, Mikel Bastida, Nicolás Muller, OukaLeele, RamónMasats, RicardTerré, Rosa Muñoz, Rosell Meseguer e Sergio Belinchón.

 

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión