Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

13 de marzo de 2024

O Festival Intercentros 2024 celebrará a súa edición número 22 este venres no Coliseum da Coruña

O concelleiro de Educación, Juan Ignacio Borrego, participou esta tarde na presentación do gran encontro musical e solidario dos centros escolares e academias de danza da cidade

O concelleiro de Educación, Emprego e Relacións Institucionais, Juan Ignacio Borrego, participou hoxe na FNAC na presentación do XXII Festival Intercentros, que se celebrará este venres no Coliseum. Ao acto asistiron algúns dos novos artistas de distintos centros escolares que o venres actuarán a beneficio da asociación ENKI e a Cociña Económica. 

O edil subliñou a súa satisfacción por seguir apoiando desde o Goberno de Inés Rey un evento que aúna o talento de mozos e mozas coa solidariedade. "É magnífico ver como se enche cada ano o Coliseum para aplaudir o esforzo dos músicos e bailaríns que levan traballando todo o curso cos seus profesores", destacou Borrego, quen animou a todo o mundo a achegarse o venres ao Coliseum a gozar da calidade das actuacións e sumarse a unha boa causa. 

A gala do venres, que comezará ás 17:00 horas, ofrecerá 43 actuacións a cargo de tres escolas de música, sete academias de danza e 13 centros escolares da cidade, dentro das tres categorías de grupos en directo, canción e coreografías.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión