Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

3 de xullo de 2023

‘O furancho’, de Ibuprofeno Teatro, de balde este mércores no Centro Ágora

A obra, que comezará ás 21.00 horas, está protagonizada por Marián Bañobre e Isabel Risco

'O furancho' de Ibuprofeno Teatro, con Marián Bañobre e Isabel Risco, de balde o mércores 5 de xullo ás 21.00 h no auditorio do Centro Ágora.

O servizo de Promoción da Lingua do Concello da Coruña, coa colaboración do programa FalaRedes, programa 'O furancho', unha comedia premiada nos María Casares e interpretada por Marián Bañobre e Isabel Risco, escrita e dirixida por Santiago Cortegoso coa produción de Ibuprofeno Teatro.

Dúas mulleres, interpretadas por Isabel Risco e Marián Bañobre encarnan a tradición que perdura dentro dos tempos máis modernos, cheos de novas tecnoloxías e culto ao corpo, e que loitarán por conseguir, dentro destes novos tempos, chegar ás súas metas.

A obra representarase o mércores 5 de xullo ás 21.00 horas. A entrada é de balde ata completar a capacidade do recinto. Pídese puntualidade, xa que unha vez que comeza o espectáculo non se permitirá acceder á sala.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión