Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

7 de agosto de 2019

O Goberno local amósalle o seu total apoio ao persoal traballador de Isowat

A rexedora comprometeuse a traballar co Estado e coa Xunta na procura dunha solución que garanta os postos de traballo e a produción na factoría coruñesa

A alcaldesa, Inés Rey, reuniuse esta mañá co comité de empresa de Isowat para informarse da situación actual do persoal da factoría coruñesa dedicada ao deseño e fabricación de compoñentes eléctricos e situada na Grela.  

A alcaldesa amosou a súa preocupación pola difícil situación que atravesan as persoas traballadoras, e ofreceulles o seu total apoio na defensa da continuidade da planta de Isowat na Coruña.  

Os empregados de Isowat na Coruña expresáronlle á rexedora a súa preocupación pola tardanza en garantir a continuidade da planta da Coruña, que continúa recibindo pedidos de clientes importantes. 

Inés Rey sinalou que o Goberno local apoiará as accións dos sindicatos para defender os empregos e garantir o futuro dunha empresa do sector industrial que xera actividade económica e empregos de calidade na cidade. 

Tamén lles trasladou o compromiso do goberno municipal coa defensa do sector industrial. "Queremos que a industria sexa un eixe vertebrador de riqueza para a cidade", apuntou durante a reunión co comité. 

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión