Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

22 de novembro de 2019

O Goberno local aproba dous modificativos de 6,7 millóns de euros para pagar as indemnizacións do Castro de Elviña

O executivo negocia co Ministerio de Facenda poder utilizar o superávit dos anos 2018 e 2019, e dese modo, non ter que incorporar este gasto ao orzamento do 2020 e limitar así a súa capacidade investidora

A Xunta de Goberno local aprobou esta mañá tres modificativos de crédito por importe de preto de 7 millóns de euros. Un deles por importe de 20.000 euros é para subvencións da Concellería de Servizos Sociais e os outros dous por un importe de 6,2 millóns de euros e 453.265 euros respectivamente son para o pagamento das indemnizacións polas expropiacións que realizou o Goberno local na contorna do Castro de Elviña e que ascenden a 12 millóns de euros.

O Goberno local pretende, logo da autorización previa do Ministerio de Facenda, utilizar 6,1 millóns de euros do superávit de 2018 e 131.000 euros do remanente líquido do ano 2018 para pagar as indemnizacións das expropiacións da primeira fase do Castro de Elviña. No caso de que o executivo non reciba a autorización de Facenda para utilizar este superávit, xa que as sentenzas non eran firmes en decembro de 2018, terá que destinar esta cantidade para amortizar débeda pendente e as indemnizacións pagaríanse no ano 2020 a cargo do superávit.

O segundo modificativo de 453.265 euros procede do remanente líquido de Tesourería con cargo a 2019 (que se pechará o 31 de decembro) e que serviría para comezar a pagar as compensacións. Para este cambio, apuntou o concelleiro de Economía e Facenda, José Manuel Lage, o Goberno local non necesita a autorización do Ministerio "xa que son fondos dos que pode dispoñer libremente".

A Concellería de Economía e Facenda, explicou José Manuel Lage, está a traballar desde hai dous meses co ministerio para buscar unha saída extraorzamentaria que permita poder pagar as indemnizacións por sentenzas firmes co superavit do 2018 e 2019 e non ter que recorrer aos orzamentos ordinarios do Concello.

Este é un asunto de máximo relevancia, dixo, para evitar que o Concello teña que incluír o pago das indemnizacións con cargo ao capítulo VI do orzamento futuro, e desta forma non limitar a capacidade investidora da cidade.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión