Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

7 de xuño de 2017

O Goberno local “manterase vixiante” ante o proceso de compra do Banco Popular “tendo en conta os postos de traballo e os intereses en xogo da Coruña e Galicia”

O concelleiro de Emprego, Alberto Lema, amosa a súa “preocupación” polas consecuencias que poida traer aparelladas esta operación “nun sector que vén sufrindo expedientes de regulación e reestruturacións continuas nos últimos anos”

O concelleiro de Emprego e Economía Social, Alberto Lema, indicou hoxe que o Concello da Coruña manterase "vixiante" ante todo o proceso de compra por un euro de Banco Popular e Pastor por parte do Santander, "tendo en conta os intereses en xogo da cidade e de toda Galicia". O edil amosou a súa "preocupación" polas consecuencias que esta operación poderá ter para o emprego "nun sector que vén sufrindo expedientes de regulación e reestruturacións dende hai anos". "Do mesmo xeito tamén estamos alerta e esperamos que esta adquisición non derive en ningún tipo de prexuízo a pequenos e pequenas inversoras", explicou, recordando que "foi precisamente a xente do común a que máis sufriu noutros procesos de reestruturación e intervencións bancaria anteriores".

"Somos conscientes de que esta operación esperta preocupación en diversos actores sociais desta cidade dadas as consecuencias que tivo todo o proceso de reestruturación bancaria que xa tivo que soportar tanto A Coruña como o conxunto de Galicia e tendo en conta, tamén, que un dos accionistas do Popular que agora ve a súa participación reducida a cero é a Fundación Barrié, entidade que desempeña un importante labor no desenvolvemento social e cultural da cidade", apuntou o concelleiro. "A nosa intención é poñernos en contacto canto antes coa entidade bancarias e coas centrais sindicais", adiantou. "O que non podemos permitir, en ningún caso, é que unha operación que conta co parabén dos organismos reguladores bancarios estatais e europeos poida traducirse unha vez máis en perdas de postos de traballo, de poder adquisitivo ou que afecte á actividade económica e cultural deste territorio", comentou.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión