7 de abril de 2017
O equipamento constará de dous grandes treitos de pedra, dispostos en forma de L no bordo da dársena. A intervención incluirá a ampliación das varandas de acceso aos peiraos
O Goberno local vén de propoñer, coa finalidade de mellorar a seguridade peonil na dársena da Mariña, a instalación dun banco corrido de pedra en paralelo ao bordo do cantil, e cunha separación de tres metros e medio de distancia ao mesmo, de forma que a posta en marcha deste tipo de barreira dote de maior seguridade ao espazo, á vez que facilite que este siga a cumprir cos usos portuarios propios da zona. A solución proposta polo executivo coruñés vén referendada polos informes técnicos municipais, que consideran a decisión como a máis acaída, ao conciliar, coa implantación dunha barreira arquitectónica, o interese de salvagardar a seguridade na Mariña co de facilitar que se manteña o seu uso portuario e de respecto á protección patrimonial da fábrica de sillería do borde do cantil, ademais de conservar a utilización do espazo como área de esparexamento para a veciñanza.O banco proposto polo Goberno municipal percorre a parte pública do bordo da dársena, desde o Náutico até o principio do Parrote, cun equipamento disposto en dous grandes treitos rectos, e que inclúen a protección, mediante a modificación e ampliación das varandas que se atopan nas escaleiras --tanto na zona do Rosalía como no Parrote-- que permiten o acceso aos peiraos. Os módulos do banco contan cunha separación de 12 centímetros, coincidente coa tira do pavimento. Debido a formulación desta actuación, non sería necesaria a realización dunha nova obra na zona, senón que se procedería, directamente, a súa colocación sobre a Mariña.
Debido á excepcionalidade da situación, e de acordo coa Autoridade Portuaria da Coruña --titular do terreos--, na necesaria adopción de medidas de seguridade, o executivo municipal está a traballar na elaboración dun procedemento de contratación, que permita dispoñer, á maior brevidade posible, do material necesario para poder proceder a súa implantación.

18 de decembro de 2025

17 de decembro de 2025

17 de decembro de 2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible