Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

8 de maio de 2020

O Goberno local publica unha instrución para facilitarlles aos locais de hostalaría a ampliación das súas terrazas

Os establecementos poderán reabrir garantindo as medidas de seguridade entre a clientela

O Goberno local permitiralles aos locais de hostalaría e restauración da cidade ampliar o espazo actual destinado ás súas terrazas de cara á posible apertura o vindeiro luns 11, sempre que cumpran os requisitos establecidos na instrución elaborada pola Concellería de Urbanismo e Mobilidade.

Deste xeito, sinalan, as terrazas manterán parte da súa capacidade con distancias de seguridade entre a clientela. "A hostalaría poderá reabrir garantindo as distancias de seguridade que establece a dita a normativa sanitaria imposta polo Goberno nas novas fases de desconfinamento", explicou Inés Rey. É necesario, apuntou, adoptar medidas para reactivar a economía, pero "sen poñer en risco a saúde da veciñanza".

O Goberno local, sinalou a rexedora, é consciente de que o sector da hostalaría e restauración é un dos que máis perdas sufriu tras case dous meses de peche, e que "tamén é clave na recuperación económica da cidade".

En previsión de que o vindeiro luns 11 A Coruña entre na fase 1 do Plan para a transición cara a unha nova normalidade, a Concellería de Urbanismo e Mobilidade analizou os espazos públicos en que sería posible ampliar o espazo das terrazas e ditou unha instrución para facilitarlle ao persoal da hostalaría a súa reapertura durante a vixencia do estado de alarma e nas súas posibles prórrogas. Todo isto atendendo á Orde SND/386/2020, do 3 de maio, pola que se determinan as condicións de desenvolvemento das actividades de hostalaría e restauración nos territorios menos afectados pola crise, que regula no seu artigo 12 a reapertura das terrazas dos establecementos de hostalaría e restauración, e que lles permite aos concellos concederlles licenzas aos locais para ampliaren a súas terrazas, sempre que se cumpran unha serie de requisitos e que se manteña a debida distancia física de polo menos dous metros entre as mesas ou, no seu caso, agrupacións de mesas.

Instrución da Concellería de Urbanismo

1.º O número de mesas permitidas limítase ao 50% do número total de mesas que figure na solicitude de autorización.

2.º Unicamente nos espazos públicos que constan no anexo se autoriza incrementar a superficie destinada a terraza. Neste caso, poderase aumentar o número de mesas establecido no apartado anterior, respectando, en todo caso, a proporción do 50% entre mesas e superficie dispoñible e levando a cabo un incremento proporcional do espazo peonil no mesmo tramo da vía pública en que se sitúe a terraza, sen que en ningún caso se poida superar o número de mesas que constan na solicitude de licenza. Para poder acollerse a este apartado 2, a terraza deberá instalarse nunha localización que cumpra os seguintes requisitos:

- Beirarrúas cun mínimo de 5 metros de ancho (incluídas na listaxe que figura máis abaixo).

- Rúas peonís (incluídas na listaxe).

- Prazas (incluídas na listaxe que figura máis abaixo).

3.º Sempre deberá asegurarse que se mantén a debida distancia física de polo menos dous metros entre as mesas ou, no seu caso, agrupacións de mesas (o Goberno autoriza as reunións nas terrazas de até un máximo de dez persoas por mesa ou agrupación de mesas).

4.º Deberán cumprirse as medidas de hixiene e prevención que esixan as autoridades sanitarias.

Listaxe:

Beirarrúas:

 1. Avenida Linares Rivas

2. Cantón Pequeno

3. Avenida Marina - Obelisco

4. Avenida da Marina- Dársena

 Rúas Peonís:

1. Rúa Emilia Pardo Bazán

2. Cidade Vella

3. Rúa Corcubión - Mercado Conchiñas

4. Rúa Barcelona

5. Rúa Ángel Senra

6. Rúa Gaiteira

7. Rúa Posse

8. Rúa Cuba

Prazas:

1. Praza de María Pita

2. Praza de España

3. Praza de Lugo

4. Calle Manuel Azaña

5. Rúa Corcubión - Praza Conchiñas

6. Polígono de Vioño

7. Praza da Fábrica de Tabacos

8. Praza da Gaiteira

9. Praza Centro Comercial

10. Rúa Vicente Ferrer

11. Calle Emilio González López

12. Praza Padre Rubinos

13. Plaza de la Santa María

14. Paseo Marítimo - Circunvalación

15. Praza das Atochas

16. Praza Cormelana

17. Rúa Perillana

18. Rúa Pastoriza

19. Praza do Africano

20. Praza San Andrés

21. Praza Fuente Luisa

22. Travesía Orzán

23. Calle José Luis Pérez Cepeda

24. Praza Alcaldesa Berta Tapia

25. Rúa Enrique Mariñas Romero

26. Praza Papagaio

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión