Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

6 de febreiro de 2021

O Goberno local reformará o parque infantil do barrio de Pedralonga

Aproveitarase a ampliación da súa superficie para instalar un equipamento biosaudable dirixido ás persoas maiores

O Goberno local adxudicou á empresa Talud Verde SL as obras de ampliación e reforma integral do parque infantil de Pedralonga por un importe de 62.499 euros e un prazo de execución de tres meses. A actuación, coa que se lle dá resposta a unha demanda veciñal, inclúe a instalación dun valado e a reparación dos xogos existentes en mal estado co fin de garantir a seguridade das nenas e nenos do barrio. Ademais ampliarase a súa superficie coa anexión dunha parcela lindeira, que se destinará a xogos adaptados a persoas usuarias de maior idade (4-14 anos). Esta nova superficie tamén se aproveitará para instalar un equipamento biosaudable en que poidan realizar ximnasia as persoas maiores. Trátase doutra reforma máis de parques infantís, unha cuestión que priorizou o goberno de Inés Rey, polo que se sumará ás xa completadas da praza da Fábrica de Tabacos e de Valaire, ás dos parques da praza da Concordia e Urbanización Breogán e mais á do que está nas Conchiñas.

Para iso está previsto a demolición da construción existente na parcela para levantar unha nova soleira e un pavimento de caucho nas áreas de xogos. A comunicación entre a zona existente e a ampliada realizarase mediante unha rampla que salvará o pequeno desnivel existente co fin de garantir a accesibilidade.

Ademais, para dotalo de maiores medidas de seguridade, e dado que non existe unha beirarrúa perimetral ao parque, instalarase un valado, que estará formado por un  murete de formigón armado dun metro de altura. Tamén está previsto introducir un elemento de separación entre os xogos infantís e os elementos biosaudables, bancos e papeleiras.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión