Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

3 de decembro de 2015

O I Festival Bocata Gourmet celebrarase este sábado en San Agustín, e contará cun concurso de bocadillos das escolas de hostalería

O evento, que busca fomentar a calidade gastronómica coruñesa como oferta turística, tamén conta con showcookings da man de recoñecidos cociñeiros da cidade, talleres infantís e oito puntos de venda de bocadillos

O vindeiro sábado, 5 de decembro, A Coruña acollerá o I Festival Bocata Gourmet, organizado pola Concellería de Emprego e Economía Social, dirixida por Alberto Lema e que, nas súas palabras, “busca fomentar a calidade gastronómica da cidade como un dos recursos máis destacados dentro da súa oferta turística e, ao tempo, poñer en valor os mercados de abastos como núcleos de encontro e de venta de produtos de calidade”. No evento, que se desenvolverá no primeiro andar do Mercado de San Agustún, destacan tanto os showcookings a mans de recoñecidos cociñeiros da cidade (as dúas Estrellas Michelín da Cidade: Alborada e Árbore da Veira), como os oito puntos de venta de bocatas gourmet, os talleres infantís e o concurso das escolas de hostalería.

O concelleiro Lema apuntou que este certame tamén servirá para poñer en valor ás escolas de hostalería da Coruña e ao seu alumnado, “contribuíndo a fomentar unha imaxe de cidade destacada e con canteira en materia de gastronomía gourmet”. De feito, o I Concurso Bocata Gourmet da Coruña terá lugar o sábado, entre ás 16.00 e as 18.00 horas, e contará coa participación de estudantes da Escola de Hostalería Álvaro Cunqueiro e a do Paseo das Pontes.

Á final do certame pasou Enrique José Fariña Lapido (Escola de Hostalería Álvaro Cunqueiro) con Bocata de Mexillón Colorado; Jessica Mateo Arenas (Cunqueiro) con Mórdete a lingua (escabechada); José Torrado Queiruga (Escola de Hostalería Paseo das Pontes) con Bocadillo de carrilleira con crema de Arzúa e Diego Pérez (Escola das Pontes) con Pincho de Padrón.

O xurado do premio estará formado polos chefs das dúas Estrella Michelín da cidade: Iván Domínguez, do Restaurante Alborada, e Luis Veira, de Árbore da Veiga, ademais de Pablo Pizarro, cociñeiro do Restaurante BocaNegra, recoñecido pola súa oferta gastronómica e tamén polos seus bocadillos gourmet. O conductor do acto será Antonio Amenedo, chef do Pazo de Santa Cruz e autor do blog El Cocinero del Pazo.

En torno ás 18.00 horas, como responsable municipal de Tusrismo, Alberto Lema fará entrega dos diplomas aos e ás finalistas, así como o premio ao gañador ou gañadora, que consiste nun diploma e un cheque de 300 euros.

A apertura dos oito puntos de venda dos bocatas gourmet ao público será ás 12.30 horas. Antes celebraranse os talleres infantís e os showcookings, actividades dirixidas aos e ás usuarias que se inscribiron previamente.

Documentos:

Programa de Boucatise I Festival Bocata Gourmet (1 MB)

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión