17 de xuño de 2025
Rey presentou no Palacio Municipal de María Pita o balance de xestión dos dous primeiros anos do seu segundo mandato
“Neste tempo aprobamos 9 novas ordenanzas e levamos a pleno 123 asuntos, dos cales 119 foron aprobados, 48 deles por unanimidade”
A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, presentou este luns no Palacio Municipal de María Pita o balance de xestión dos dous primeiros anos do seu segundo mandato. A rexedora destacou que "A Coruña está vivindo un dos mellores momentos da súa historia recente", e fixo fincapé en que as prioridades da súa acción de goberno seguirán centradas na vivenda pública e na integración do porto na cidade, dous dos grandes compromisos adquiridos cos coruñeses.
Vivenda: máis solo público, regulación de prezos e 695 novas vivendas en marcha
A política de vivenda foi sinalada como "a primeira prioridade" do goberno municipal. A alcaldesa puxo en valor que A Coruña foi a primeira cidade galega en activar a declaración de Zona de Mercado Residencial Tensionado, unha ferramenta que permitirá conter os prezos abusivos do alugueiro e ampliar a oferta de vivenda dispoñible.
Rey lembrou que o Plan Municipal de Vivenda 2023-2030 xa está en marcha, con Visma e Xuxán como zonas clave para a creación de novas vivendas. Neste tempo, o Concello conseguiu mobilizar 695 vivendas públicas, en solo municipal, autonómico e estatal, que estarán dispoñibles antes do ano 2028. "Esta é a nosa resposta: política útil, acción directa e horizonte a longo prazo", subliñou a alcaldesa.
Ademais, destacou o impulso dado á xestión urbanística, con 1.315 licenzas concedidas para vivenda e máis de 8.000 expedientes tramitados, así como a activación do Plan de Ruínas con catro edificios mobilizados. A isto súmase a recente aprobación do Regulamento das Vivendas de Uso Turístico, froito do consenso coa mesa de vivenda e co obxectivo de frear a presión sobre o parque residencial como medida complementaria á política de vivenda.
Coruña Marítima: un proxecto de cidade para os vindeiros 20 anos
O segundo gran eixo do balance presentado é o da apertura do porto á cidade. Inés Rey lembrou que grazas ao Protocolo Coruña Marítima, asinado co resto de administracións, desbloqueouse "un problema histórico" e púxose en marcha un proxecto estratéxico para a cidade. Ademais, lembrou que "a vangarda en Galicia naceu no Porto da Coruña" sinalando que baixo esa premisa se creou non só a comisión Coruña Marítima senón tamén o comité técnico que redactou as bases do proxecto.
Nese sentido, Rey fixo fincapé no proceso participativo "exemplar", con máis de 700 achegas cidadás. Nestes momentos, está en fase de licitación o Master Plan, que marcará o rumbo para recuperar 9 quilómetros de bordo litoral para os próximos vinte anos: "Serei garante de que os acordos se cumpran e de que os terreos portuarios se convertan no maior e mellor espazo urbano de Galicia", comprometeuse Rey.
Diálogo e acordos
A alcaldesa tamén puxo en valor o diálogo coa corporación municipal durante este período: "Neste tempo aprobamos 9 novas ordenanzas e levamos a pleno 123 asuntos, dos cales 119 foron aprobados, 48 deles por unanimidade", sinalou. Así mesmo, lembrou o protocolo asinado co Concello de Arteixo para o impulso de acordos entre os municipios limítrofes avanzando na relación e unión da área metropolitana coa mobilidade como prioridade.
Ademais, a alcaldesa sinalou como exemplo de xestión e diálogo os avances en dous grandes proxectos: a concesión demanial ao Concello por parte da AEMET dos terreos do Observatorio, onde se creará un novo parque urbano de 5.000 metros cadrados; e o desbloqueo do centro de saúde de Santa Lucía, dando por fin as veciños e veciñas unha infraestrutura necesaria e histórica.
Outros avances
No balance tamén se fixo referencia a outros avances clave en áreas como limpeza, mobilidade, infraestruturas, seguridade, cultura ou innovación. Entre os datos máis destacados están:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible