Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

15 de febreiro de 2017

O Kiosco Alfonso inaugura mañá xoves a exposición 'Airiños Aires, Rosalía', do fotógrafo Xurxo Lobato

O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, asistirá ao acto de apertura da mostra, que terá lugar ás 20.00 horas.

O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, participará mañá, na Sala de Exposicións Municipal Kiosco Alfonso, no acto inaugural da mostra Airiños aires, Rosalía, do fotógrafo  Xurxo Lobato, no que estará presente o autor. O evento, aberto á cidadanía, comezará ás 20.00 horas.

A mostra, que organiza o Concello coa colaboración da Fundación Rosalía de Castro e Obra Social la Caixa, pretende ofrecer ao público "unha mirada intimista, nostálxica e evocadora", segundo o autor, da vida de Rosalía e da súa obra. Así, a través dunha compilación de 50 fotografías de gran formato, Lobato percorre as paisaxes e espazos vinculados á poeta, da que salienta o seu papel fundamental no desenvolvemento da cultura galega.

A exposición, que conta con materiais procedentes da Real Academia Galega, da Fundación Rosalía de Castro, a Biblioteca de Estudos Locais e do Arquivo Municipal da Coruña, poderá visitarse ata o próximo 19 de marzo, de luns a domingo, en horario de 12.00 a 14.00 horas e de 18.00 a 21.00 horas.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión