23 de febreiro de 2024
O récord e campión de España de maratón, Tariku Novales, participará na carreira
O domingo 25 participarán na proba 1.692 corredores e corredoras, ás que haberá que sumar 1.316 que competirán na 5K
Este domingo 25 de febreiro poderán tomar a saída da C21 e da 5K que percorrerán as rúas da cidade un total de 3.008 corredores e corredoras. O prazo de inscrición rematou a pasada noite do martes e, como xa ocorrera no 2023, a proba promovida polo Goberno de Inés Rey mellorou as súas cifras de participación con respecto á anterior edición.
Na C21 apuntáronse 1.692 persoas, 181 máis que a pasada edición, o que confirma o éxito dunha proba de máxima esixencia e que aspira a consolidarse como un dos mellores medio maratóns do país. Este ano, ademais, a proba contará coa participación de Tariku Novales, campión e récord de España de maratón.
Por outra banda, o Goberno de Inés Rey volve apostar nesta edición polo desenvolvemento en paralelo dunha proba de 5 quilómetros que lles permitirá ás persoas participantes gozar do ambiente do medio maratón e aclimatarse á distancia habitual do circuíto de carreiras populares Coruña Corre, que comeza o próximo mes de marzo. Ao peche das inscricións, hai 1.316 corredores e corredoras apuntadas.
Percorrido e características
O Concello da Coruña e a Federación Galega de Atletismo organizan esta décimo sexta edición da C21, que conta cunha distancia homologada de 21.097,50 metros. A proba está incluída no calendario oficial das competicións da FGA e da Real Federación Española de Atletismo e disputarase nun circuíto totalmente urbano e cunhas características propicias para que as persoas participantes poidan bater as súas marcas.
O medio maratón manterá o percorrido das dúas últimas edicións. As persoas participantes comezarán e concluirán a C21 no Obelisco. A primeira parte transcorrerá por Ramón y Cajal, Salvador de Madariaga e o porto coruñés. Na segunda, os/as atletas percorrerán as praias de Riazor, Orzán e Matadoiro polo paseo marítimo e atravesarán a rúa San Andrés para ir ata Porta Real e, desde alí, chegar á meta.
Incidencias no tráfico
A disputa do medio maratón C21 causará diferentes alteracións do tráfico nas vías incluídas no seu percorrido. Calquera dúbida ou aclaración pode consultarse nos números de teléfono 010 ou 092. Estas serán as incidencias previstas:
Estes cortes obrigan a montar os seguintes desvíos:
Aclaracións:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible