Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

19 de maio de 2023

O Mercado da Semente reúne en María Pita a medio millar de nenos e nenas de 20 cooperativas

Presentaron os seus proxectos e produtos elaborados durante o curso neste programa pioneiro do Concello que busca fomentar o emprendemento

Este venres a Praza de María Pita acolleu a máis de catrocentos cincuenta nenos e nenas que participaron nunha nova edición do Mercado da Semente.  As persoas participantes venderon os produtos que elaboraron na aula ao longo do curso dentro do Proxecto Semente: "Unha empresa na miña escola".

O proxecto, organizado polo Concello da Coruña, está destinado a fomentar os valores do emprendemento, a cooperación e o coñecemento do comercio xusto e da economía social entre os nenos e nenas que cursan entre terceiro e sexto de Educación Primaria e o alumnado de Educación Especial dos centros educativos da cidade. A alcaldesa, Inés Rey, visitou o mercado e amosou o seu apoio e recoñecemento ás persoas participantes polas súas variadas propostas. Estivo acompañada polo concelleiro de Educación, Jesús Celemín. 

O alumnado participante no proxecto tivo que crear e xestionar empresas, baixo a forma de cooperativa e, co apoio de expertos en cooperativismo elaboraron ao longo do curso os produtos que venden nas casetas instaladas na praza. O día 19 de abril os representantes das 20 cooperativas recibiron simbolicamente a licenza municipal para a venda nun acto oficial no salón de plenos do Concello.

Os centros educativos participantes este curso foron: CEIP Concepción Arenal, CPR Grande Obra de Atocha, CPR Hijas de Jesús, CEIP Manuel Murguía, CPR Montegrande, CPR Sagrado Corazón, CEIP San Francisco Javier, CEIP San Pedro de Visma e o CEIP Zalaeta. No mercado venderon os artigos que realizaron as cooperativas escolares: Animal Gamers, Arte Natural, Artilandia, Ciencia y Terror, Confishop, Creativilandia, Deportixogos, EcoCoruña, Franciscorp, GOA & Jones, La Coru Neno, Mentes Curiosas, Mil e un tarros, Mundo infinito, Murguiarxila, Primaria 51, SanMarisco, Sementa Deportes, Supermontegrande e Xogos divertidos. O Mercado contou con monitores/as, animación e música.

Jesús Celemín fixo entrega dos premios a centro máis implicado a Jesuitinas e ás mellores cooperativas a GOA & Jones (Grande Obra de Atocha) e EcoCoruña (San Pedro de Visma).

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión