Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

25 de maio de 2023

O mercado ecolóxico chega este domingo a Novo Mesoiro cunha ampla variedade de produtos sustentables

A iniciativa, na súa modalidade de Mercado de Compra Sustentable, estará situada no parque da tirolina de 10.00 a 15.00 horas

Os mercados ecolóxicos promovidos polo Concello da Coruña, a través da súa Concellaría de Mercados, Comercio e Barrios, chega este domingo a Novo Mesoiro, na súa modalidade de Mercado de Compra Sustentable. Esta iniciativa situarase xunto ao parque da tirolina, onde se celebran as festas do barrio, de 10.00 a 15.00 horas.

Os novos mercados ecolóxicos promovidos polo Concello botaron a andar neste mes de maio coa principal novidade de que se amplía a súa celebración a todos os domingos do mes. Deste xeito, o primeiro e terceiro domingo se situará no Campo da Leña, como é habitual; o segundo estará na praza da Tolerancia, en Labañou; e o cuarto rotará por diferentes barrios, sendo Novo Mesoiro o primeiro. O obxectivo é poder ofrecer e expandir os produtos ecolóxicos e de orixe local ao maior número de persoas.

En Novo Mesoiro haberá diferentes actividades para todas as idades. Durante toda a mañá haberá un espazo infantil para as crianzas. De 10.00 a 12.00 horas haberá troco de roupa. De 11.00 a 13.00 horas, Urban Sketchers. De 11.30 a 12.30 horas haberá un obradoiro de cometas. De 13.00 a 14.00 horas haberá unha actuación musical.

Ademais, haberá dúas modalidade de mercado: o Mercado Ecolóxico, que será o que se celebra no Campo da Leña, e o Mercado de Compra Sustentable, correspondente ao da praza da Tolerancia e ao rotatorio. Os mercados do Campo da Leña estarán especializados en produtos ecolóxicos, que acreditan criterios éticos e/ou sustentables na sua produción, elaboración ou materias primas. Os mercados na Praza da Tolerancia, e outras ubicacións, fomentarán a economía circular e a compra responsable, aplicando a regra das 4R (reducir, reutilizar, reciclar e recuperar). O obxectivo é poder ofrecer o maior número de produtos de economía sostible e actividades paralelas como obradoiros, concertos e actividades para os máis pequenos.

Todos os mercados celebraranse no mesmo horario, de 10.00 a 15.00 horas. Toda a información relativa a cada unha das sesións que se celebre poderase atopar nas redes sociais do mercado (@mercaecocoruna) e nas propias do Concello da Coruña.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión