Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

14 de decembro de 2019

O Ministerio de Facenda autorizará ao Concello da Coruña a utilizar o superávit orzamentario do ano 2019 para abonar as indemnizacións por sentenzas xudiciais firmes

Lage Tuñas explicou que o Goberno local levaba desde outubro negociando co ministerio unha medida “que permitirá resolver un problema histórico que comprometía gravemente o capítulo de investimentos na cidade nos próximo cinco anos” O executivo que dirixe Inés Rey estima en máis de 15 millóns de euros o custo actual das indemnizacións por sentenzas xudiciais ás que ten que facer fronte

O Goberno Local acaba de recibir resposta oficial do Ministerio de Facenda á consulta realizada sobre a posible utilización do superávit orzamentario dos anos 2018 e 2019 para poder facer fronte ás sentenzas xudiciais firmes que pesan sobre o concello coruñés. O Goberno de España confirmou que o Goberno local da Coruña poderá utilizar o superávit orzamentario do ano 2019 "a través da conta agora codificada como (4131) "Acredores por operacións pendentes de aplicar a orzamento", de forma que, unha vez liquidado o orzamento de 2019, podería destinarse o superávit, sempre que se cumpran os requisitos da disposición adicional sexta da Lei Orgánica 2/2012, do 27 de abril, de Estabilidade Orzamentaria e Sustentabilidade Financeira, á atención das obrigas contabilizadas naquela conta, como sería o caso da sentenza obxecto da consulta". No referido ao superávit do ano 2018 o ministerio confirmou que non se poderá utilizar porque a firmeza das sentenzas produciuse no ano 2019.  O concelleiro de Facenda, José Manuel Lage explicou hoxe que o Goberno local levaba desde o mes de outubro negociando co Ministerio de Facenda unha medida que "permitirá resolver un problema histórico que comprometía gravemente o capítulo de investimentos na cidade no próximos cinco anos". "Buscábamos unha saída extrapresupuestaria que permitise poder pagar as indemnizacións por sentenzas firmes sen recorrer aos orzamentos ordinarios do concello. Este é un asunto de máximo relevancia porque ao conseguir que o Ministerio autorice o uso do superávit, o Concello non terá que incluír o pago das indemnizacións con cargo ao capítulo VI do orzamento futuro, e desta forma non limitará a capacidade investidora da cidade."   O executivo que dirixe Inés Rey estima a día de hoxe en 15 millóns de euros as indemnizacións por sentenzas xudiciais con firmeza que poderán computarse para o ano 2019, delas as referidas ao Castro de Elviña (I e II) supoñen máis de 12 millóns de euros. Lage Tuñas destaca que a primeira consecuencia positiva inmediata será "poder destinar máis do 93,7% do capítulo de investimentos do futuro orzamento de 2020 a proxectos e obras", ao non ter que consignar no orzamento ordinario a maior parte das indemnizacións ás que ten pendente asumir o concello. Evitar o pago dun interese legal do 3% por sentenzas firmes. Outra das consecuencias inmediatas das conversacións abertas en outubro polo Goberno local e agora culminadas con éxito, afectan positivamente os pagos dos intereses legais de demora nas indemnizacións con sentenzas xudiciais.  

 Lage explica que o Concello da Coruña ao recibir autorización para utilizar o superávit "poderemos parar a sangría que supón abonar o 3% de interese nas indemnizacións con sentenza firme e que supuxo un incremento notable do que temos que abonar ano a ano". Desde o goberno local que dirixe Inés Rey, lembran que en operacións de préstamo o tipo de interese que abona o concello está entre o 0'30 e o 0'70%, mentres as indemnizacións por sentenza firme teñen un interese legal do 3%, o que supón un lastre moi considerable para a facenda local.    

Castro de Elviña  

O Goberno Local este ano xa destinará 453.265 euros a pagar indemnizacións do Castro de Elviña, aprobado polo pleno e que se corresponde co modificativo 7. No ano 2020 abonarase con cargo ao superávit os 12 millóns de euros dos expedientes Castro de Elviña I y II.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión