Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

16 de decembro de 2025

O musical ‘Mamma mia!’ ofrecerá 14 funcións en xullo, con máis de 25.000 entradas á venda, no Palacio da Ópera

Gonzalo Castro destacou o importante papel para a promoción do turismo que xogan estes eventos culturais na cidade

O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, presentou esta mañá o musical 'Mamma mia!', que se representará do 16 ao 26 de xullo no Palacio da Ópera. Este acontecemento ofrecerá un total de 14 funcións cuxas entradas, máis de 25.000, xa están á venda.

"A Coruña leva anos apostando polos musicais como grandes eventos culturais que, ademais, supoñen tamén un motor turístico. Por iso, desde o Goberno de Inés Rey, temos unha estratexia clara por traer as mellores producións estatais e internacionais á cidade", indicou Castro. O edil estivo acompañado polo director de Turismo de Galicia, Xosé Manuel Merelles, e a delegada territorial da Xunta, Belén Docampo. Ademais, tamén interveu Javier Muñiz, director de programación de ATG Entertainment España. Gonzalo Castro quixo agradecer a colaboración de Turismo de Galicia e da Xunta de Galicia nos distintos eventos nos que colaboran ao longo do ano na cidade: "Que A Coruña sexa hoxe un referente é grazas ao traballo conxunto das distintas administracións para ofrecerlle á cidadanía experiencias culturais únicas".

Esta nova versión de 'Mamma mia!', o musical que recolle as mellores cancións de ABBA, conta cunha espectacular escenografía, vestiario e coreografías orixinais, sumados a letras e arranxos musicais renovados. Leva tres temporadas no teatro Rialto da Gran Vía de Madrid, onde vendeu máis de 800.000 entradas.

Melendi e Raphael súmanse á axenda musical do Coliseum para 2026

Melendi e Raphael súmanse á extensa axenda musical do Coliseum para o vindeiro 2026, confirmando que o recinto multiusos coruñés é o referente do noroeste na celebración de grandes eventos musicais sobre cuberta. "Ser potencia cultural e musical de Galicia e unha das máis importantes capitais musicais do país é consecuencia das políticas de promoción de grandes eventos que impulsamos desde 2019 no Goberno de Inés Rey", sinalou Gonzalo Castro, concelleiro de Cultura e Turismo.

Nesta ocasión, Melendi chegará ao Coliseum o 14 de novembro, nunha das primeiras paradas da cita 'Pop Rock Tour'. As entradas sairán este mércores 17 de decembro ás 10.00 en prevenda e ás 12.00 horas a venda xeral. As canles de compra serán o despacho de billetes da praza de Ourense, Melendioficial.com e Ataquilla. Pola súa banda, Raphael actuará o 21 de novembro como parte da súa xira 'Raphaelísimo'. As entradas sairán á venda este mércores 17 ás 12.00 horas.

Deste xeito, os concertos de Melendi e Raphael súmanse á programación musical do Coliseum para o vindeiro 2026, sendo a decimo sexta e décimo sétima formación confirmada. O resto das citas programadas son: Eladio Carrión (29 de xaneiro), Amaia (31 de xaneiro), Mikel Izal (7 de febreiro), Amaral (21 de febreiro), Celtas Cortos (11 de abril), Hijos de la Ruina (17 de abril), OT (19 de abril), Viva Suecia (18 de abril), Dani Fernández (2 de maio), Iván Ferreiro (9 de maio), Dani Martín (15 e 16 de maio), Bad Gyal (23 de maio), Pablo Alborán (4 de xullo), Aitana (22 de xullo) e La Oreja de Van Gogh (11 e 12 de setembro).

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión