22 de decembro de 2022
Entre este venres 23 e o 8 de xaneiro, o Concello promove actividades teatrais e circo a pé de rúa nos barrios de Novo Mesoiro, Eirís, Catro Camiños, Palavea, Matogrande e Monte Alto
O Concello da Coruña pon en marcha, desde este venres 23, o Nadal Manicómico, unha iniciativa cultural que abrangue espectáculos de teatro infantil, malabares e acrobacias orientadas ao gozo do público familiar.
Serán seis xornadas nas que o Concello en colaboración coa Asociación Cultural Manicómicos, promoverá teatro e circo a pé de rúa nos barrios da cidade, con diversas sesións de teatro infantil, malabares e acrobacias que terán lugar no treito final de ano e tamén nos días posteriores á Cabalgata de Reis.
A asistencia aos espectáculos é de balde. Todas as actividades terán lugar ao aire libre, agás o previsto mañá, venres 23, no Polideportivo de Novo Mesoiro, por razóns meteorolóxicas.O calendario previsto é o seguinte:
Venres 23 de decembro (13.00 horas): 'C'est pas possible', coa compañía Sempre Arriba; no Polideportivo de Novo Mesoiro.
Sábado 24 de decembro (16.30 horas): 'Circo na casa', con Mere Clown; na Cúpula de Eirís.
Venres 30 de decembro (16.30 horas): 'Ikigai', coa compañía SU.MA; na Praza da Fábrica de Tabacos.
Sábado 31 de decembro (16.30 horas): 'Charlie, o inventor de palabras', con Carlos Sante; Palavea.
Sábado 7 de xaneiro (16.30 horas): 'Hell Brothers', con Cirkoimpacto; Matogrande.
Domingo 8 de xaneiro (16.30 horas): 'Muiñada', con Galeatro; Campo de Marte.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible