Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

4 de agosto de 2026

O novo contrato de mantemento das instalacións deportivas municipais duplicará o orzamento anual destinado anteriormente polo Concello

En paralelo, estanse a executar melloras na Cidade Deportiva da Torre, coa primeira fase da reforma dos vestiarios, e nos campos de fútbol de San Pedro de Visma, onde se están a renovar os tapetes artificiais

O Concello avanza co plan de melloras previsto nas instalacións deportivas municipais, onde está previsto efectuar un investimento de 1,6 millóns de euros nos vindeiros dous anos para reforzar o servizo de conservación e mantemento, unha medida clave para garantir o coidado diario dos recintos.

O contrato, adxudicado días atrás á UTE Ángel Roade - Jardinería Arce, duplicará o orzamento anual destinado anteriormente a esta finalidade, e permitirá brindarlle unha atención continua e integral ás diversas instalacións deportivas nas que o Concello ostenta a titularidade das mesmas. No conxunto da cidade, son case un cento: entre elas, o Palacio dos Deportes de Riazor, os pavillóns polideportivos municipais, a Cidade Deportiva da Torre-Arsenio Iglesias e os campos de fútbol Víctor Fernández Alonso, o de Eirís e os de San Pedro de Visma.

O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, fixo fincapé na importancia desta medida, clave para darlle resposta ás necesidades específicas de cada recinto e tamén para actuar en caso de incidencias nas súas instalacións. Neste sentido, o novo contrato inclúe tamén a colocación de liñas de vida ou sistemas de seguridade para traballos en altura nos pavillóns polideportivos, sen custo repercutido para o Concello.

Vázquez apuntou que os 1,6 millóns destinados ao contrato de mantemento e conservación reforzan a folla de ruta ideada polo Goberno de Inés Rey con respecto aos equipamentos deportivos da cidade, complementando os investimentos graduais que se están a executar, de forma progresiva, "para renovar instalacións cuxas infraestruturas se remontan a hai varias décadas, e nas que, polo tanto, é preciso actuar para garantir melloras de accesibilidade e confort para as persoas usuarias".

Melloras en execución, por valor de dous millóns de euros

Actualmente, o Concello está a traballar na Cidade Deportiva da Torre para concretar a primeira fase da reforma dos vestiarios, na que se invisten 1,5 millóns de euros; e tamén na renovación dos tapetes artificiais dos campos de fútbol de San Pedro de Visma, o que suporá un investimento engadido de medio millón de euros, necesario para que os terreos de xogo estén en óptimas condicións para o desenvolvemento da práctica deportiva.

Estas dúas actuacións súmanse ás xa executadas previamente en outras instalacións coma o campo de fútbol Víctor Fernández Alonso, a Leyma, onde o Executivo local efectuou, en dúas fases diferenciadas, a renovación do céspede artificial e tamén actuacións para facer totalmente accesibles as bancadas e os vestiarios, onde tamén se actuou para renovar as instalacións de fontanaría e subministro de auga quente.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión