Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

22 de marzo de 2020

O Pavillón Municipal de Riazor comeza a dar acubillo ás persoas sen teito desde hoxe

As persoas que se aloxen na dependencia municipal pasarán unha triaxe previa para comprobar o seu estado de saúde e faranse controis médicos diarios supervisados polo Sergas

O Pavillón Municipal de Riazor comeza a dar acubillo ás persoas sen teito desde hoxe ás 16.00 h. A iniciativa, impulsada pola Concellería de Benestar Social e coa colaboración da Concellería de Deportes, arrinca cun protocolo de hixiene e seguridade supervisado por técnicos municipais, persoal do Sergas, Protección Civil, Cruz Vermella e Policía Local.

As persoas que se aloxarán neste espazo municipal, unha vez cheguen, acceden ao interior e o persoal do Sergas faralles unha triaxe individual para comprobar o estado destas persoas coas consecuentes medicións necesarias. Unha vez feita a triaxe, acompañaráselles a outra zona onde se lles propociona roupa limpa e un xogo de aseo para que posteriormente se poidan asear. A roupa sucia e toallas entregaráselles ao persoal traballador nunha bolsa precintada e estes encargaranse de lavar todo e repoñerllo limpo. Unha vez feito esto, as persoas sen teito poderán acceder ás zonas común que cumpren a normativa de hixiene e as distancias de seguridade esixidas polo Goberno neste estado de alarma.

As persoas aloxadas no pavillón poderán asearse e comer todos os días. Ademais, os controis médicos ditaminados polo Sergas tamén serán diarios e contan coa colaboración da Cruz Vermella para realizárense.

En caso de que algunha das persoas poida dar un positivo en coronavirus ou haxa unha sospeita, existen zonas aisladas individualizadas para derivar a estas persoas no propio pavillón, á espera de que confirmarse positivos no Covid-19 sexan estas persoas trasladadas a outro espazo habilitado para tal fin polo concello.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión