Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

8 de xuño de 2016

O pazo de María Pita acolle unha exposición en homenaxe ao Helimer Galicia, que ten a súa base na cidade dende hai 25 anos

A mostra, que recoñece a labor dos e das profesionais que conforman o equipo deste helicóptero de rescate, poderase visitar todos os días dende mañá, xoves, até o 19 de xuño

O Pazo de María Pita acollerá dende mañá, xoves 9 de xuño, e até o 19 do mesmo mes, unha exposición organizada polo Concello e o Centro de Coordinación de Salvamento Marítimo da Coruña que leva por título Helimer Galicia 25 anos. A mostra rende homenaxe ao afamado helicóptero de rescate, que leva un cuarto de século tendo a cidade como base de operacións. Situada na planta baixa do edificio municipal, na sala de exposicións, o evento inaugurarase ás 18.00 horas deste xoves e, posteriormente, poderá visitarse en horario de 12.00 a 14.00 e de 18.00 a 21.00 horas todos os días.

O Concello da Coruña pretende con esta exposición non só celebrar os 25 anos na cidade do helicóptero de rescate, senón tamén render homenaxe aos e ás profesionais que participan e conforman este servizo. De feito, a mostra dá conta dalgunhas das misións nas que participaron un dos equipos de salvamento marítimo mellor considerados de todo o mundo.

A exposición complétase cunha exhibición do material utilizado, dende as lanchas até a equipación e o instrumental do equipo de rescate.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión