31 de xaneiro de 2018
O Concello lamenta o pasamento de Merino e traslada o pésame ás personas achegadas. Este venres terá lugar na sede municipal un acto aberto á cidadanía ás 16.00 horas para despedir e render homenaxe ao rexedor
O Concello da Coruña quere manifestar o seu pesar polo falecemento esta xornada de Domingos Merino, quen foi alcalde da primeira Corporación municipal tras a ditadura, así como trasladar o seu pésame á súa familia e persoas achegadas. Nado na Coruña, foi sempre un gran defensor das liberdades tanto dende o Pazo de María Pita, como nos outros postos públicos que ostentou ao longo da súa vida.
Coa intención de permitir á cidadanía participar da despedida a Merino, o Concello instalará unha capela ardente no Salón de Plenos do Pazo de María Pita. Está previsto que a recepción oficial do féretro se produza contra as 10.00 da mañá do venres. A capela ardente quedará aberta á veciñanza a partir das 11.00 horas e así se manterá até as 16.00 horas, momento no que haberá un acto de despedida que contará coa intervención do alcalde, Xulio Ferreiro.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible