Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

26 de agosto de 2015

O período de ingreso de tributos comezará o 15 de setembro con importantes novidades para facilitar o pagamento

As taxas poderán aboarse a través dunha app móbil, Internet ou caixeiros.



O Concello da Coruña, a través da Concellería de Facenda e Administración, anuncia que o período de ingreso de tributos será do 15 de setembro ao 4 de decembro, e que o cargo na conta dos recibos domiciliados farase o 5 de outubro.  Para facilitar o trámite á cidadanía, o Goberno local porá novos medios e servizos á súa disposición, xa que vén de asinar un convenio de colaboración con seis entidades bancarias que permitirán cobrar os tributos nas súas oficinas, ademais de incluír novas formas de pagamento telemático a través da web municipal, app móbil, que en breve se porá en marcha, e caixeiros automáticos.

Os tributos deste ingreso son os correspondentes á recollida de lixo industrial e comercial, cemiterios, entrada de vehículos e reserva de espazo sobre a vía pública, ocupación  da vía pública con aparatos distribuidores, imposto sobre bens inmobles (IBI) e o imposto sobre actividades económicas (IAE).

O pagamento na caixa municipal da rúa da Franxa, en horario de 08.00 a 14.00 horas, xa non será a única forma de cumprir coa recadación. As xestións poderá realizarse en calquera das 145 oficinas das entidades financeiras Banco Santander, Banco de Sabadell, CaixaBank, ABANCA, Banco Pastor e Banco Bilbao Vizcaya Argentaria que se atopan no termo municipal.

Como novidade, o Concello tamén establecerá novas canles de xestión telemáticas para efectuar o pagamento. Poderá facerse a través dos caxeiros automáticos 24 horas de Abanca e Caixabank; unha aplicación móbil, que estará dispoñible nos vindeiros días; con certificado dixital desde fRed.es; ou na web municipal Coruna.es, que se farán sen certificado dixital e permitindo o pagamento con tarxeta de calquera entidade sen custo ningún.

A Concellería de Facenda lembra que os recibos para coñecer os tributos correspondentes chegarán por correo ordinario ó enderezo fiscal das persoas contribuíntes e, que se non reciben o mesmo, poden chamar ó 010 para que llo remitan ao correo electrónico ou enderezo físico.  Esta área de Goberno recorda tamén que, no caso de que decidan domiciliar os recibos, este servizo non terá ningún custo e que, unha vez realizado o cargo, disporán de 56 días para proceder á súa devolución no caso de que non estivesen conformes.


Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión