15 de decembro de 2022
O programa está dirixido preferentemente a alumnos de ESO, BACH e FP.
Desde o venres 16 de decembro ata o 19 de xaneiro, está aberto o prazo de inscrición para participar no programa Converxencias arte e ciencia. Visitas escolares á exposición e obradoiro "Escher" 2022-23 , que se levará a cabo no Centro Ágora.
Trátase dunha exposición interactiva que permitirá aproximar os máis novos ao mundo da ciencia, mentres aprenden a gozar da beleza da arte.
Nesta exposición analizarán as similitudes e diferenzas entre a arte e a ciencia, recoñecendo o papel das matemáticas na base dalgunhas propostas artísticas.
Inscrición
Os centros educativos que estean interesados deben facelo a través do formulario de inscrición que figura na web http://www.igaciencia.eu/
Soamente poderase inscribir un grupo por centro, pero no caso de que queden sesións sen cubrir, haberá a posibilidade de inscribir a un segundo grupo do 18/01/2023 ás 16.00 h, ao 19/01/2023, ás 24.00 h.
2 de maio de 2024
2 de maio de 2024
30 de abril de 2024
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible