Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

16 de xullo de 2021

O primeiro Festival Infantil ofrecerá máis de 20 espectáculos e pasacalles até fin de mes

O Concello pretende enriquecer a programación para nenas e nenos con esta iniciativa, que terá como epicentro a cúpula de Eirís mais que visitará todos os barrios polas mañás coa actividade “Animaclowns y sus mascotas”

O primeiro Festival Infantil comeza hoxe cunha serie de pasacalles que animarán até final de mes a cidade e con espectáculos que terán lugar en Eirís baixo o título "Na cúpula ás oito". Con esta iniciativa, a Concellería de Cultura pretende achegar a maxia da escena a todos os barrios e que as nenas e nenos teñan experiencias desde ben novas/os co teatro, o clown e a interpretación en xeral. Para o Goberno de Inés Rey, a rapazada é sempre unha prioridade á hora de deseñar novas actividades de lecer e, neste caso, "o Festival aspira a que a cativada o pase ben, pero que tamén aprenda valores, sobre todo, despois da actitude exemplar que tiveron durante a pandemia". En concreto, a cita iniciouse con "Animaclowns y sus mascotas", de Duende Sico, nun primeiro percorrido esta mañá de 11.00 a 14.00 horas que foi desde A Torre á avenida da Mariña e que incluíu a praza dos Avós, Campo de Marte, Campo da Leña, Atocha, mercado de San Agustín, María Pita e xardíns de Méndez Núñez. Esta posta en escena repetirase mañá (sábado 17 de xullo) por Santa Margarida e a praza de Pontevedra e tamén o domingo, en que está previsto que a actividade chegue ao Castrillón e ao Paseo Marítimo o luns 19 de xullo como antesala ao espectáculo de Pakolas "Ramona Órbita", na cúpula do Parque de Eirís, ás 20.00 horas con "A dona do tempo". O programa continuará o día 20, con máis pasacalles en Elviña e a montaxe "Feo", de Caramuxo, ás 20.00 horas, en Eirís.

A xornada do mércores 21 de xullo estará protagonizada por máis sesións de "Animaclowns y sus mascotas" no Parque Europa e por Martín Camiña e Fani Triana coa obra "Asombros a dúo", en Eirís ás 20.00 h. Nos seguintes días, haberá pasacalles na rúa Barcelona e na praza das Conchiñas (22/07), Os Rosales (23(07), Novo Mesoiro (24/07) e Riazor (25/07) de 11.00 a 14.00 horas, e na cúpula, Pérez & Fernández representará o día 22 a peza "Picnic". O Mago Román virá o día 23 con "Labirinto de ilusións" e A trastenda dos contos estará o 24 con "Unha noite no muíño" para pasar o 25 a Danthea Teatro, que ofrecerá "Cincenta". O Festival Infantil continuará na última semana de xullo con máis pasacalles de 11.00 a 14.00 horas en Labañou (26), Matogrande (27) e Vioño (28). En Eirís, Os contos de Pablísimo visitarán a cúpula o 26 con "O paroleiro" e Os Náufragos Teatro desembarcarán o 27 con "Onde viven os monstros".

O recinto estará valado co fin de controlar a capacidade e haberá un acceso de entrada e mais dous de saída, segundo marca a normativa e o protocolo COVID. Para asistir aos espectáculos, será necesario unha inscrición previa, en que se identificarán as/os espectadoras/es. A capacidade máxima será de 100 persoas por rigorosa orde de entrada e o formulario completarase unha hora antes de cada actuación.

PROGRAMACIÓN

20 XULLO

De 11.00 a 14.00 horas. Pasacalles infantil: Animaclowns y sus mascotas. ELVIÑA: Parque infantil Miguel Hernández até o parque de Oza pasando por distintas rúas.

20.00 horas. Caramuxo presenta o espectáculo "Feo". Cúpula de Eirís.

21 DE XULLO

De 11.00 a 14.00 horas. Pasacalles infantil: Animaclowns y sus mascotas. PARQUE EUROPA, Tabacalera y A Gaiteira.

20.00 horas. Martín Camiña e Fani Triana ofrecen "Asombros a dúo" na cúpula do parque de Eirís.

22 DE XULLO

De 11.00 a 14.00 horas. Pasacalles infantil: Animaclowns y sus mascotas. CALLE BARCELONA E AS CONCHIÑAS.

20.00 horas. Pérez & Fernández presentan "Picnic" na cúpula do parque de Eirís.

23 DE XULLO

De 11.00 a 14.00 horas. Pasacalles infantil: Animaclowns y sus mascotas. OS ROSALES, praza Elíptica e arredores. 

20.00 horas. O Mago Román ofrecerá "Labirinto de ilusións" na cúpula de Eirís.

24 DE XULLO

De 11.00 a 14.00 horas. Pasacalles infantil: Animaclowns y sus mascotas. NOVO MESOIRO, especialmente nos parques infantís.

20.00 horas. A trastenda dos contos presenta "Unha noite no muiño", na cúpula de Eirís.

25 DE XULLO

De 11.00 a 14.00 horas. Pasacalles infantil: Animaclowns y sus mascotas. RIAZOR: Zona de Riazor para seguir pola praza de Pontevedra até os xardíns de Méndez Núñez.

20.00 horas. Danthea Teatro ofrecerá "Cincenta", na cúpula do parque de Eirís.

26 DE XULLO

De 11.00 a 14.00 horas. Pasacalles infantil: Animaclowns y sus mascotas. LABAÑOU: Desde a praza da Tolerancia, pasando por onde está o centro de saúde até o parque infantil de Adolfo Suárez e San Pedro de Visma.

20.00 horas. Os contos de Pablísimo estarán con "O paroleiro" na cúpula do parque de Eirís.

27 DE XULLO

De 11.00 a 14.00 horas. Pasacalles infantil: Animaclowns y sus mascotas. MATOGRANDE: Varias visitas e parada no parque infantil que está ao lado do Liceo.

20.00 horas. Os Náufragos Teatro presentan "Onde viven os monstros", na cúpula de Eirís.

28 DE XULLO

De 11.00 a 14.00 horas. Pasacalles infantil: Animaclowns y sus mascotas. VIOÑO, desde o parque ao distrito de Os Mallos.

Documentos:

formulario (758 KB)

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión