Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

2 de outubro de 2017

O programa ‘A Pé de Barrio’ suporá a limpeza con auga a presión dunha trintena de rúas do Distrito 3 e actuará en máis de 70 puntos para dar resposta ás necesidades da cidadanía

O plan municipal de mellora do espazo público abordará durante as próximas semanas actuacións de mantemento nos barrios do Birloque, O Martinete, Someso, A Silva, Cances e San Cristovo das Viñas

O programa municipal de coidado intensivo do espazo público 'A Pé de Barrio' chega estes días ao Distrito 3 e suporá actuacións de mellora e mantemento no Birloque, O Martinete, Someso, A Silva, Cances e San Cristovo das Viñas, con traballos que, entre outros, inclúen reparacións e substitución de contedores e papeleiras, retirada de pintadas, saneamento e revisión de rexistros e tapas da rede de sumidoiros, actuacións de control de pragas, reparación e reposición do alumeado público e revisión da rede eléctrica, así como revisión, reparación e repintado de fontes públicas. Nas vindeiras semanas, o programa, que supón a acción coordinadas de 24 contratas municipais de diferentes áreas como complemento ás tarefas de limpeza e mantemento diario, tamén servirá para someter a limpeza intensiva con auga a presión unha trintena de rúas nestes barrios.

Como salienta a concelleira de Medio Ambiente, María García, a planificación para o Distrito 3 contempla, ademais, a solución a máis de 70 demandas recollidas da veciñanza deste ámbito, entre as que se contan a retirada de herbas en rúas e beirarrúas, a roza e o control da maleza en zonas públicas, a eliminación de fochancas, pavimentado e substitución de baldosas rotas, e tamén reparación ou  reposición de mobiliario público. "Este programa supón unha aposta forte polo coidado do espazo público, pero tamén por reparto equitativo dos recursos e a atención a todas as zonas da cidade, descentralizando a acción municipal para que chegue a todos os barrios", salienta a responsable municipal, que recorda que 'A Pé de Barrio' percorrerá, ao longo de 12 meses, os 10 distritos da cidade.

Árbores autóctonas

Segundo sinala, os traballos que comezan no Distrito 3 complétanse, este terceiro trimestre, co investimento previsto na área de parques e xardíns, que suporá a a posta en valor e recuperación dun espazo verde no Lugar de Cances, onde se levará a cabo unha plantación  de varias árbores autóctonas, como son bidueiros e castiñeiros, e a substitución dos arbustos secos, unha intervención  que ten un orzamento de 15.800 euros e que se verá completada cun subministro de terra vexetal de alta calidade de abono de fondo. En materia de parques e xardíns, executaranse ademais accións de mellora da calidade paisaxística e reparacións das zonas verdes nos barrios do distrito.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión