Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Cuándo:

6 de marzo de 2025

O programa municipal ‘Maiores en Plena Forma 2025’ abre as súas inscricións este venres

O Concello presenta unha programación dinámica que combina ximnasia, ioga, mindfulness, obradoiros e visitas culturais para potenciar a autonomía e o benestar das persoas maiores

O Concello da Coruña anuncia o programa 'Maiores en Plena Forma 2025', unha iniciativa pensada para potenciar o benestar, a saúde e a integración activa das persoas maiores mediante unha oferta variada de actividades.

A programación iniciarase o 17 de marzo e desenvolverase ata a última semana de maio, abríndose un abano de accións que inclúen actividades de ximnasia, ioga, mindfulness, consellos saudables, obradoiros temáticos e visitas culturais.

O proceso de inscrición terá lugar do 7 ao 10 de marzo na conserxería dos centros, asignándose as prazas por orde de chegada. As taxas establecidas serán de 4€ para as visitas culturais (2 horas) e de 11€ para as demais actividades, con prazo de pagamento do 13 ao 16 de marzo, podendo realizarse de xeito telemático ou presencial a través da entidade bancaria.

A programación distribúese en diversos centros municipais -entre eles A Silva, Artesáns, O Castrillón, Castro de Elviña, Cidade Vella, Eirís, Elviña, Feáns, Labañou, Os Mallos, Mesoiro, Monelos, Monte Alto, Novoboandanza, Palavea, Pescadores, Os Rosales, Sagrada Familia, San Diego, San Pedro de Visma, Santa Lucía e Santa Margarida- permitindo ás persoas participantes escoller a opción que mellor se adapte ás súas necesidades e interese.

"Esta iniciativa reafirma o compromiso do Goberno de Inés Rey coa mellora da calidade de vida das persoas maiores, fomentando a súa saúde, autonomía e participación social a través de accións adaptadas e accesibles para todos", sinala Nereida Canosa, concelleira de Benestar Social, Participación e Igualdade.

Para máis información, pode consultarse o cartel xeral e o calendario completo de actividades na páxina web do Concello ou dirixirse á conserxería dos centros cívicos municipais.

Documentos:

DESCARGA AQUÍ a programación oficial de 'Maiores en plena forma 2025' (352 KB)

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión