Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

3 de novembro de 2016

O Punto Limpo Móbil pasará en novembro por nove localizacións distintas da cidade

O servizo de reciclaxe estará dispoñible de martes a sábado, de 9.00 a 14.15 horas, durante todo o mes

A Concellería de Medio Ambiente vén de informar da situación do servizo do Punto Limpo Móbil para o mes de novembro no que se achegará ata nove ubicacións distintas da cidade. A primeira delas será o barrio do Castrillón, na praza Pablo Iglesias, na que se instalalará mañá, venres 4, e o sábado 5. En horario de 09.00 a 14.15 horas, as persoas que o desexen poderán empregar este servizo para depositar pequenas cantidades de certos residuos do fogar que non teñen cabida nos contedores das rúas, tales como aerosois, aceite doméstico, baterías e acumuladores, pilas, CD, cristal, lámpadas e fluorescentes, pinturas e vernices, radiografías ou tóner, así como roupa, zapatos, xoguetes e pequenos electrodomésticos (como televisores, microondas e computadoras). O vehículo conta cun operario para axudar á cidadanía a depositar cada residuo no contedor correspondente. A Concellería destaca que este servizo facilita a xestión de residuos e promove a reciclaxe a través da recollida selectiva.

A vindeira semana, o servizo estará dispoñible para a veciñanza os días 8, 9 e 10 no barrio dos Castros, na rúa Claudio San Martín, mentres que os días 11 e 12 situarase en Adormideras, na rúa Regata Cutty Sark. Dos días 15 ao 17, instalarase no parque infantil da avenida de Cádiz, en Lonzas, e os días 18 e 19 na rúa Gaiteira. Na seguinte semana, o punto de reciclaxe atoparase do 22 ao 24 na praza da Audiencia Provincial --rúa Capitán Juan Varela--, o 25 en Vioño e o 26 en Mesoiro --Illas Sisargas--. Finalmente, o servizo promovido pola Concellería de Medio Ambiente estará dispoñible os días 29 e 30 na praza Luis Seoane, fronte aos Novos Ministerios. Para máis información, pode consultarse a páxina web municipal www.coruna.gal/puntolimpomobil

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión