Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

1 de setembro de 2016

O Punto Limpo Móbil pasará en setembro por nove localizacións distintas da cidade

O servizo de reciclaxe estará dispoñible de martes a sábado polas mañás, de 9.00 a 14.15 horas, durante todo o mes

A Concellería de Medio Ambiente vén de informar da situación do servizo do Punto Limpo Móbil para o mes de setembro, no que se achegará ata 9 ubicacións distintas da cidade. Nesta primeira semana, desde hoxe e ata o sábado 3 instalarase o barrio dos Castros, en concreto no número 5 da rúa Claudio San Martín. En horario de 09.00 a 14.15 horas, as persoas que o desexen poderán empregar este servizo para depositar pequenas cantidades de certos residuos do fogar que non teñen cabida nos contedores das rúas, tales como aerosois, aceite doméstico, baterías e acumuladores, pilas, CD, cristal, lámpadas e fluorescentes, pinturas e vernices, radiografías ou tóner, así como roupa, zapatos, xoguetes e pequenos electrodomésticos (como televisores, microondas e computadoras). O vehículo conta cun operario para axudar á cidadanía a depositar cada residuo no contedor correspondente. A Concellería destaca que este servizo facilita a xestión de residuos e promove a reciclaxe a través da recollida selectiva.

A vindeira semana, o servizo estará dispoñible para a veciñanza os días 6, 7 e 8 na praza Pablo Iglesias, mentres que os días 9 e 10 situarase en Lonzas, no parque infantil da avenida de Cádiz. Do 13 ao 15, o punto de reciclaxe instalarase na praza da Audiencia Provincial (r/ Capitán Juan Varela), e os días 16 e 17 no barrio de Vioño. Na seguinte semana, os días 20, 21 e 22 o Punto Limpo Móbil atoparase na praza Luís Seoane, en Novos Ministerios, mentres que nas xornadas do 23 e 24 de setembro estará na praza das Conchiñas. Finalmente, na última semana, os días 27 e 28 o servizo promovido pola Concellería de Medio Ambiente situarase na rúa Gaiteira, á altura do número 31, e os días 29 e 30 na rúa Regata Cutty Sark, no barrio de Adormideras. Para máis información, pode consultarse a páxina web municipal www.coruna.gal/puntolimpomobil

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión