Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

1 de xullo de 2016

O Punto Limpo móbil pasará este mes de xullo por once ubicacións distintas dentro da cidade

O servizo de reciclaxe estará dispoñible de martes a sábado polas mañás, de 9 a 14.15 horas

A Concellería de Medio Ambiente vén de informar da situación do servizo do Punto Limpo Móbil para o mes de xullo, no que se achegará até a 11 ubicacións distintas da cidade. Hoxe, día 1, e mañá instalarase no barrio dos Castros, en concreto no número 5 da rúa Claudio San Martín, mentres que o martes 5 e mércores 6 atoparase en Lonzas, no parque infantil da Avenida de Cádiz, e os días 7, 8 e 9 na Praza Pablo Iglesias. En horario de 09.00 a 14.15 horas, as persoas que o desexen poderán empregar este servizo para depositar pequenas cantidades de certos residuos do fogar que non teñen cabida nos contedores das rúas, tales como aerosois, aceite doméstico, baterías e acumuladores, pilas, CD, cristal, lámpadas e fluorescentes, pinturas e vernices, radiografías ou tóner, así como roupa, zapatos, xoguetes e pequenos electrodomésticos (como televisores, microondas e computadoras). O vehículo conta cun operario para axudar á cidadanía a depositar cada residuo no contedor correspondente. A Concellería destaca que este servizo facilita a xestión de residuos e promove a reciclaxe a través da recollida selectiva.

A vindeira semana, os días 12, 13 e 14 o Punto Limpo Móbil situarase na praza da Audiencia Provincial (r/ Capitán Juan Varela), e nas xornadas dos días 15 e 16, en Adormideras, na rúa Regata Cutty Sark. Na seguinte semana, o servizo estará dispoñible para a veciñanza da Gaiteira os días 19 e 20, mentres que os días 21 e 22 ubicarase en Luis Seoane (Novos Ministerio) e o sábado 23 en Illas Sisargas (Mesoiro). O camión estará operativo de novo os días 26 e 27, que se instalará en Vioño, e os 28 e 29 de xullo na praza Elíptica dos Rosales. Finalmente, o Punto Limpo Móbil instalarase o día 30 no Campo de Marte.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión