13 de xuño de 2025
O Concello colabora coa iniciativa organizada pola mercería La Crisálida, que inclúe unha intervención artística téxtil, espazos para tecer ao aire libre e actividades complementarias
Mañá, sábado 14 de xuño, terá lugar unha xornada de actividades na rúa San Andrés con motivo do Día Internacional de Tecer en Público. A iniciativa, organizada pola mercería La Crisálida, desenvolverase no xardín da igrexa castrense e inclúe unha instalación artística participativa baseada na técnica do yarnbombing, así como un espazo de teceduría ao aire libre aberto á participación cidadá.
O programa inclúe tamén a entrega de packs de benvida ás persoas inscritas, con material achegado por distintas marcas colaboradoras, e un sorteo con agasallos relacionados coas labores. A xornada está dirixida tanto a persoas afeccionadas ao ganchillo e á calceta como ao público en xeral interesado en achegarse a esta práctica tradicional.
O Concello colabora no desenvolvemento do evento mediante a posta a disposición de recursos loxísticos necesarios. Esta actuación insírese na liña de traballo do Goberno de Inés Rey, que aposta por recuperar os espazos públicos como lugares de encontro e promoción da actividade comercial, reforzando así a cohesión social e o apoio ao tecido económico da cidade.
Asistirá ao acto a concelleira de Emprego, Comercio e Mercados, Diana Cabanas, quen destacou que "a colaboración institucional con iniciativas coma esta reforza o papel do pequeno comercio e contribúe á activación sociocultural da cidade, favorecendo ademais o uso do espazo público con propostas abertas e accesibles".
Programa da xornada:
Recoméndase ás persoas asistentes traer unha cadeira ou taburete para o desenvolvemento cómodo das actividades ao aire libre.

17 de decembro de 2025

13 de decembro de 2025

10 de decembro de 2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible