Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

30 de decembro de 2023

O servizo de transporte urbano reforzarase durante a Noitevella, con dous vehículos operativos e frecuencias cada trinta minutos

O domingo 31 de decembro, os últimos servizos sairán das súas cabeceiras de liña ás 21.30 horas. Xa posteriormente, haberá autobús-bufo entre as 00.30 e 07.30 horas do luns 1 de xaneiro

O Concello, a través da Compañía de Tranvías da Coruña, promove un dispositivo especial de transporte urbano con vistas á noite de Fin de Ano, na que se reforzará o servizo nocturno do autobús-bufo.

Neste sentido, o domingo 31 de decembro está previsto que os últimos servizos saian das súas respectivas cabeceiras de liña ás 21.30 horas, para retirarse posteriormente ás Cocheiras unha vez que se complete a súa última quenda. Aproximadamente, entre as 22.00 e 22.15 horas.

Xa durante a Noitevella, activarase o dispositivo especial do autobús-bufo, que estará operativo entre as 00.30 e as 07.30 horas do día 1 de xaneiro. Nesta franxa horaria haberá dous vehículos dispoñibles: un deles manterá o servizo habitual, mentres que o segundo, o de reforzo, fará o mesmo percorrido circular en sentido contrario. Están previstas frecuencias de 30 minutos ata a conclusión do dispositivo, ás 07.30 horas do luns 1.

Logo de que conclúa o dispositivo especial pola Noitevella, o inicio do servizo correspondente ao día 1 de xaneiro está previsto ás 10.00 horas, con dous vehículos por liña, coa excepción da liña 6, que como xa é habitual en festivos, sairá con tres autobuses (dous da liña 6, e un da correspondente á 6-A).

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión