Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

16 de xaneiro de 2026

O Teatro Colón acollerá ‘Poncia’, unha adaptación de ‘La casa de Bernarda Alba’ de Federico García Lorca

A obra representarase o 20 de febreiro e está protagonizada por Lolita Flores

O vindeiro venres 20 de febreiro o Teatro Colón acollerá a representación de 'Poncia', obra teatral escrita e dirixida por Luis Luque a partir de 'La casa de Bernarda Alba', de Federico García Lorca

As entradas para dita representación saen este venres 16 de xaneiro á venda, con prezos que van desde os 16 ao 25 euros. As persoas interesadas poderán mercalas no despacho de billetes da praza de Ourense e na plataforma en liña Ataquilla.

Dentro dunha tormenta de néboa, Poncia, a criada de Bernarda Alba, reza pola morte de Adela. A casa sumiuse nun mar de silencio. Poncia fala soa e tamén con elas, con Bernarda Alba e as súas fillas. Un espectáculo imprescindible para quen ama o teatro e a obra de Lorca, cunha interpretación sobresaliente de Lolita Flores. A peza logra transformar a un personaxe secundario en protagonista dunha viaxe íntima, cargado de poesía e memoria.

"O Teatro Colón é un dos mellores espazos culturais do Estado e dentro da estratexia cultural da nosa alcaldesa, Inés Rey, é fundamental dotalo de programación de calidade e de espectáculos con percorrido nacional e internacional, coma é o caso", indicou Gonzalo Castro.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión