Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

28 de maio de 2016

O Teatro Rosalía Castro saca as últimas entradas á venda para o concerto de Mark Lanegan, que se celebrará esta noite dentro do ciclo ‘Os imprescindibles’

A banda de rock internacional Wilco, que tamén participa na nova programación musical posta en marcha pola área que dirixe José Manuel Sande, a piques de esgotar as entradas para o concerto do 29 de xuño

A Concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento, área dirixida por José Manuel Sande, vén de anunciar que só restan arredor dun cento de entradas para a actuación que o cantante e compositor norteamericano Mark Lanegan ofrecerá hoxe, sábado 28 de maio ás 20.30 horas, no Teatro Rosalía Castro, no marco do ciclo de concertos Os imprescindibles. O músico, que foi o vocalista da banda Screaming Trees, estará acompañado no escenario por Duke Garwood, con quen Lanegan lanzou o traballo Black Pudding no ano 2013, e Lyenn. As últimas entradas poden adquirirse a través de www.ticketea.com e no mesmo despacho de billetes do teatro da rúa Rego de Auga.

Unha noite con Mark Lanegan, que así se chama este espectáculo musical, forma parte do ciclo Os Imprescindibles, unha iniciativa posta en marcha pola área que dirixe José Manuel Sande o pasado mes de febreiro cunha actuación do cantautor Nacho Vegas no Centro Ágora. As vindeiras citas do ciclo serán o 11 de xuño no Pazo da Ópera, cun concerto de Silvia Pérez Cruz, e o 29 de xuño no mesmo espazo con Wilco. A Concellería lembra que restan poucas entradas á venda -menos de 100- para presenciar o espectáculo da recoñecida banda de rock, que presentará na cidade o seu último traballo, Star Wars.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión