Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

14 de decembro de 2020

O trofeo Teresa Herrera regresa ás súas orixes axudándolles ás entidades benéficas e homenaxeando o fútbol modesto

Inés Rey: “A COVID non evitará que se realicen 75 edicións de forma ininterrompida. Non poderá coa historia do noso trofeo, nin co deporte, nin coa cidade”

A alcaldesa, Inés Rey, acompañada da concelleira de Deportes, Mónica Martínez, e do presidente do Real Club Deportivo da Coruña, Fernando Vidal presentou esta mañá en María Pita a 75 edición do Trofeo Teresa Herrera. "Unha edición especial, singular e emotiva do Trofeo Teresa Herrera, o torneo non oficial máis antigo e importante do mundo", dixo a rexedora

Rey destacou que o Teresa Herrera regresa ás súas orixes, "a COVID non evitará que se realicen 75 edicións de forma ininterrompida. Non poderá coa historia do noso trofeo, nin co deporte, nin coa cidade" apuntou Rey, quen sinalou que con esta edición "manteremos viva unha das grandes tradicións deportivas da cidade, poñeremos un gran máis de axuda a quen máis o necesita e homenaxearemos o noso fútbol modesto".

O concello, sinalou, quere celebrar esta 75 edición tan especial, porque este trofeo significa moito máis que fútbol, pola súa historia, porque é patrimonio da nosa cidade e porque ninguén nin nada, nin o máis letal dos patóxenos, poderá roubarnos a ilusión".

Porque 75 anos despois do seu nacemento, o trofeo regresa co sentido social que tivo en 1946. "Debemos ser capaces de transformar esta edición tan singular nunha oportunidade de axudar a quen máis o necesita, debe sacar o mellor de nós mesmos". Por este motivo, anunciou que os fondos recadados se destinarán ás entidades benéficas da cidade.

A alcaldesa lembrou que tamén se nos brinda a oportunidade de recoñecer o labor, o traballo e a historia do noso fútbol modesto. "Ese fútbol de barrio que nutría e nutre o noso Deportivo e que debemos poñer en valor. A todas esas persoas que dedican o seu tempo libre, a súa vida, a coidar e a manter vivos, mesmo na situación actual, os nosos clubs", destacou.

Por este motivo, dixo, será unha selección de xogadores destes clubs a que se enfronte ao Depor," será unha festa do noso fútbol, pero tamén será unha forma de dicirlle ao virus que non poderá connosco". A alcaldesa non quixo deixar pasar a ocasión para lles agradecer a todos e todas as coruñesas o seu comportamento exemplar durante esta pandemia e lembrarlles que lamentablemente o virus aínda segue aquí, "polo que debemos facer un esforzo nestas datas tan sinaladas para coidar das persoas que máis nos importan".

Tamén fixo unha mención especial ao fútbol feminino, xa que o seu crecemento nos últimos anos é unha extraordinaria noticia para a sociedade. O domingo será un duelo entre o DEPOR Feminino e o Victoria.

E por último, agradeceulle ao Deportivo a súa colaboración total, "a pesar de todas as dificultades xurdidas pola pandemia, para a organización do Teresa Herrera e a todo o fútbol modesto coruñés, pedra angular do noso fútbol base".

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión