12 de maio de 1976
A mala sinalización dunha agulla rochosa provoca o accidente.
O 12 de maio de 1976 o buque petroleiro Urquiola, procedente do Golfo Pérsico, quedou embarrancado na Coruña. Unha mala sinalización dunha agulla rochosa fixo que este gran buque que levaba a súa carga á empresa Petrolíber, sufrise o accidente.
O Urquiola non sufriu moitos danos neste primeiro momento e pediu ser levado a porto. Os organismos competentes tomaron a decisión de que o petroleiro abandonase a canle e se afastase 200 millas das costas españolas. Nestas manobras o Urquiola sufriu máis danos e un incendio que provocou unha gran fumareda negra. O capitán do barco morreu neste incendio ao permanecer no barco no último momento. Nesta catástrofe derramáronse 100.000 toneladas que chegaron ata as rías de Betanzos, O Ferrol e Ares.
As tarefas de limpeza neste desastre consistiron en instalar un dique que frease o avance do petróleo á vez que pequenos equipos de traballo intentaban recoller o cru. Tamén se utilizaron deterxentes para disolver o petróleo.
https://www.flickr.com/photos/147588011@N07/albums/72157676641995973
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible