Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

13 de novembro de 2016

O World Padel Tour supuxo un retorno económico de 1.200.000 euros para a cidade, "que demostra ser un destino moi atractivo para a realización de eventos deportivos"

O edil Alberto Lema avoga pola promoción da proxección da Coruña como municipio “vivo e para o deporte”, ao “repercutir directamente” na hostalería e no sector servizos

O concelleiro de Economía e Emprego, Alberto Lema, saudou o impacto económico xerado na cidade pola celebración do World Padel Tour, o circuíto competitivo celebrado do 12 ao 16 de outubro na Coruña, e no que participaron máis dun cento de profesionais desta disciplina deportiva. Segundo a organización, que cifrou en 11.466 o número de asistentes, o retorno económico total do evento superou os 1.200.000 euros. "Este primeiro achegamento ao circuíto demostra que A Coruña é unha cidade non só cun importante número de veciñas e veciños federados desta disciplina, senón que é unha localidade moi atractiva, no seu conxunto, para a celebración de eventos deportivos", dixo Lema. A cidade foi unha das 15 sedes este ano do World Padel Tour que, na súa cuarta tempada, percorre as principais cidades do Estado español, ademais de Arxentina, Estados Unidos, Italia, Portugal e o Principado de Mónaco. O responsable da área de Turismo salientou a "oportunidade de promoción internacional" para o municipio que supón a participación neste circuíto, "que alimenta, cun novo paso, a proxección de cidade viva e para o deporte pola que aposta este Goberno".

As cifras ofrecidas pola organización do torneo sinalan que o Coliseum, espazo no que se celebraron as rondas finais, tanto da categoría feminina como masculina, contou cunha media de 2.293 espectadoras e espectadores por día, destacando fundamentalmente o sábado 15, no que se achegaron ata 2.874 persoas ao recinto municipal que, segundo o concelleiro, "demostrou que presenta unha infraestrutura plenamente adaptadas para acoller eventos e competicións deportivas do máis alto nivel". Os informes do World Padel Tour sinalan que un 15% do público asistente foi visitante --pernoctando unha media de 1,5 días -- e, xunto ao 85% local e da área metropolitana, o retorno económico que supuxo esta cifra para a cidade foi un total de 194.858€.  Os 1.017.087 euros restantes que indica a organización, refírense ao retorno económico provocado polo evento en si como pola repercusión e difusión do mesmo.

"Os datos reflicten que a realización e promoción de eventos deportivos favorecen a chegada de turismo, que repercute directamente na hostalería e no sector servizos", explicou Lema, "polo que o Goberno local apoiará a promoción dos encontros e competicións que fomenten a práctica deportiva, en particular as e os recoñecidos como minoritarios, pero que gozan de gran popularidade entre a veciñanza, como é o caso do padel", afirmou o edil.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión