6 de setembro de 2026
O Concello abrirá o vindeiro día 14 de setembro, e durante 10 días, o prazo de inscrición para participar no programa, que é gratuíto
O Concello abrirá o próximo 14 de setembro o prazo de inscición para os seus clubes de lectura organizados pola rede de Bibliotecas Municipais da Coruña, que contará este novo curso cunha programación variada tanto en temática como en franxas de idade do público obxetivo.
"Volvemos a reforzar este servizo tan importante para o desenvolvemento cultural da cidadanía para que os veciños e as veciñas teñan espazos amigables e próximos onde poidan encontrarse con outras persoas aficionadas á lectura, é comnpartir gustos e experiencias. Espazos que permiten a socialización, así como a promoción lectora, xa que as persoas poden intercambiar as súas impresións sobre as obras, descubrir novas lecturas e establecer un diálogo con outras persoas arredor dos libros", subliñou o concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, que recordou tamén que a aposta pola difusión da cultura pública e gratuíta forma parte das liñas estratéxicas establecidas por Inés Rey.
O Concello presenta unha programación que aposta pola diversidade de formatos e contidos: 30 clubs de lectura, dos cales 29 serán presenciais e un desenvolverase de maneira virtual. Entre os 30 clubs hai 3 dedicados á filosofía, 2 ao cómic e 1 dedicado á lectura de clásicos, xunto con propostas específicas como un club de lectura en galego e outro de lectura en voz alta. Ademais, este ano tamén haberá un dedicado á temática medioambiental.
A oferta permite achegarse á lectura desde diferentes perspectivas. En canto ás franxas de idade haberá 26 clubs destinados oa público adulto, 2 para a mocidade e 2 para o público infantil. Os clubs están coordinados por persoal bibliotecario que acompaña as sesións e favorece a participación e o intercambio de opinións.
A programación continuará a medrar nos próximos meses. O club de lectura LGTBIQ+, Queeruña, abrirá a inscrición no mes de decembro con 60 prazas. Este é o primeiro club de lectura de temática LGTBIQ+ en Galicia, un espazo de diálogo que naceu no ano 2016.
Os clubs de lectura estarán presentes en todos os espazos bibliotecarios municipais. O prazo de inscrición estará aberto ata o 24 de setembro. As actividades comezarán durante o mes de outubro (salvo o club e lectura LGTBIQ+, Queeruña). As persoas participantes poderán escoller tamén entre diferentes ritmos de lectura e encontro, xa que os clubs teñen unha periodicidade semanal, quincenal ou mensual, segundo as características de cada club.
Para participar nos clubs de lectura da rede é preciso facer unha inscrición previa. Existen varios xeitos de facer a reserva de praza: Presencialmente en calquera das bibliotecas municipais, a través da web cubrindo un formulario ou por teléfono chamando á biblioteca onde se desenvolva o club de lectura. En total, ofertaranse ao redor de 480 prazas. A participación e o préstamo dos libros é gratuíta.

5 de setembro de 2026

4 de setembro de 2026

3 de setembro de 2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible