Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

21 de abril de 2015

Os diplomas de cada valente de #Coruña42 xa están dispoñibles

A cuarta edición de Coruña42 quere premiar os seus 1080 finisher co seu diploma que acredita que venceron o Maratón Atlántica. Os corredores unicamente teñen que entrar na web de Carreiras Populares da Coruña e indicar na pestana de "Descargue aquí o seu diploma" o número de DNI e dorsal.

Os 1080 finisher que cruzaron a meta de María Pita o domingo pasado en #Coruña42 xa poden lucir orgullosos ademais da súa medalla personalizada o seu diploma que acredita que venceron o Maratón Atlántica.

A forma de conseguir o diploma personalizado é moi sinxela. Na portada da web de Carreiras Populares www.coruna.es/carreraspopulares, debaixo dun banner de Coruña42 pode facer click en “Descargue aquí o seu diploma” e indicar o número do DNI e dorsal. Grazas a estes datos xerarase un diploma con nome e apelidos do corredor e os seus tempos en carreira.

A cuarta edición de #Coruña42 bateu récord de finisher, con 1080 chegados á meta de María Pita, e a organización do Maratón Atlántica quere que teñan un recordo físico da fazaña, o diploma dun valente. Parabéns a todos e todas!

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión