Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

29 de xuño de 2023

Os Museos Científicos Coruñeses amplían durante o verán o seu horario de apertura

Do 1 de xullo ao 31 de agosto a Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae abrirán de 10.00 a 20.00 horas, con peche de acceso ás 19.00 horas no Aquarium e ás 19.30 horas na Casa das Ciencias e na Domus

Os Museos Científicos Coruñeses estrean este sábado 1 de xullo o seu horario de verán, que se estenderá ata o xoves 31 de agosto. Durante eses dous meses abrirán as súas portas desde as 10.00 ata as 20.00 horas, aínda que o acceso pechará ás 19.00 horas no Aquarium Finisterrae e ás 19.30 horas na Casa das Ciencias e na Domus. Contarán, ademais, cunha programación especial de sesións de planetario, actividades e proxeccións audiovisuais.

Na Casa das Ciencias, ademais das exposicións interactivas que se expoñen nos seus catro andares, o planetario ofrecerá a diario cinco sesións para diferentes públicos, para as que é posible adquirir entradas desde as 10.00 horas do mesmo día da sesión:

  • 11.30 horas. Polaris. (Galego). Infantil. Maiores de 7 anos. Unha aventura científica sobre o misterio da noite polar.
  • 13.00 horas. De la Tierra al universo. (Castelán). Maiores de 12 anos. Unha viaxe ata os confíns do universo.
  • 17.00 horas. El cielo de Cloe (Castelán). Infantil. De 4 a 7 anos. Cloe é unha profesora de planetario moi especial, capaz de cambiar de tamaño ou de estar en varios lugares á vez.
  • 18.00 horas. Sesión en directo. (Galego/Castelán). Maiores de 10 anos. Para descubrir o ceo do verán.
  • 19.00 horas. Lévame á Lúa. (Galego). Maiores de 8 anos. Especial sobre a chegada ao noso satélite.

Ademais, a fin de semana do 15 e 16 de xullo, coincidindo co aniversario do pasamento de Rosalía de Castro (15 de xullo de 1885), desde o planetario explicaremos como atopar a estrela Rosalía no firmamento. E do 11 ao 17 de agosto todas as sesións de planetario dedicarán uns minutos para explicar como ver a choiva de estrelas das Perseidas.

A Domus ofrecerá ao seu público as numerosas experiencias interactivas de exposicións como «Bocados», sobre a nutrición e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible; «Xogo de neuronas», sobre a mente e a intelixencia humana, ou a mostra «Homínidos e homínidas», sobre as nosas orixes e a evolución dos trazos que nos identifican. Tamén incluirá na súa programación sesións de cine científico:

  • "The Melting Point: la desaparición de los glaciares pirenaicos". Documental gañador do Prisma 2021 ao mellor vídeo. Todos os días ás 11.00, 13.00, 17.00 e 19.00 horas.
  • "En busca del primer europeo". Unha viaxe científica con moito humor e aventuras. Todos os días ás 12.00 e 18.00 horas.

No Aquarium Finisterrae, ademais de novidades nos seus espazos expositivos, ofreceranse diversas actividades e obradoiros sen necesidade de inscrición nin custo adicional á entrada de acceso ao museo:

  • "Alimentación no Nautilus". Os visitantes poden observar a alimentación dos habitantes do Nautilus, entre os que se atopan diferentes especies de quenllas, como o touro e as musolas. Todos os luns, mércores e venres, ás 11.30 horas.
  • "Alimentación de focas". Unha actividade na que o público pode contemplar a rutina da alimentación das focas do Aquarium a cargo dos seus coidadores. Todos os días ás 12.00 e ás 17.00 horas.
  • "Quenllas á vista". Un obradoiro experimental para descubrir curiosidades sobre as quenllas en xeral e en particular das que se manteñen no Aquarium Finisterrae. Todos os días ás 18.00 horas na Charca das Caricias.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión