Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

30 de xuño de 2015

Os Museos Científicos Coruñeses cambian de horario e amplían as actividades durante o verán

Os Museos Científicos Coruñeses cambian desde hoxe e ata o 31 de agosto o horario de apertura. Ademais dos contidos habituais, os tres centros ofrecerán durante o verán diversas actividades.

Os Museos Científicos Coruñeses cambian desde hoxe e ata o 31 de agosto o horario de apertura, que pasa a ser o seguinte: A Casa das Ciencias e a Domus, de luns a domingo, abrirá de 10.00 a 20.00 hora e o Aquarium Finisterrae, de luns a domingo, de 10.00 a 21.00 horas (o acceso péchase ás 20.00 horas).

Ademais dos contidos habituais, os tres centros ofrecen durante o verán diversas actividades. Na Casa das Ciencias haberá sesións de planetario todos os días: ás 11.00 horas “La niña que sabía caminar al revés” (infantil, de 4 a 7 anos), ás 12.00 horas “Explorando el Sistema Solar” (recomendada para máis de 10 anos), ás 13.00 horas “A noite do vampiro” (infantil, de 4 a 10 anos), ás 17.00 “O mundo de Fugaz” (infantil, de 4 a 7 anos), ás 18.00 “Unha noite de verán” (sesión en directo para recoñecer as estrelas e constelacións que poden verse a simple vista, recomendada a partir de 10 anos) e ás 19.00 horas “Deep Sky” (a partir de 10 anos).

Na Domus, no seu cine 3D, proxectarase a diario ás 12.00, 13.00, 17.00, 18.00 e 19.00 horas a película “Titáns da idade de xeo”, unha viaxe ás belas paisaxes xeadas do hemisferio norte de hai 20.000 anos, unha era que cobra vida da man dos tigres dentes de sabre, os mamuts, os preguiceiros e os seres humanos prehistóricos, que loitaron por sobrevivir.

E no Aquarium, cada día se celebrarán as seguintes actividades:

  • Ás 11.00 e ás 16.30 horas. Visita guiada. Un percorrido polos grandes acuarios da Sala Maremagnum, a exposición “Muuultiplicaos”, ao Nautilus e á actividade de alimentación das focas.
  • Ás 11.30 horas. Falando con peixes (luns, mércores e venres). Unha actividade na que o público pode ver como se da de comer aos tiburóns e facer preguntas ao acuarista que está mergullado no tanque.
  • Ás 12.00 e ás 17.00 horas. Alimentación das focas. As focas das piscinas exteriores comen dúas veces diarias: a mediodía e a media tarde. Os monitores dan unha charla divulgativa ao público que se achegue a velas.
  • Ás 13.00 e ás 19.00 horas. Taller para nenos na Charca das Caricias. Actividades relacionada coa bioloxía das especies mariñas dirixidas aos máis pequenos.


Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión