18 de decembro de 2019
O concelleiro de Cultura, Jesús Celemín, presentouno esta mañá xunto co músico, que contou que impregnará de máis dinamismo os temas de Dire Straits e de Mark Knofler en solitario
O concelleiro de Cultura, Jesús Celemín, presentou esta mañá o novo proxecto "Great Straits", do cantante e guitarrista Óscar Rosende, que chegará o 29 de maio ao Teatro Colón en forma de cancións da mítica banda Dire Straits e do seu líder Mark Knofler. O edil sinalou que desde María Pita apoiarán todas cantas propostas xiren en torno á música e, en concreto, a un grupo do que Rosende leva facendo versións durante anos.
O coruñés retoma o seu repertorio en solitario porque "un non pode deixar a un lado os seus principios e o que lle gusta facer", así que tras percorrer o continente e tocar os temas de Dire Straits por países como Francia, Luxemburgo ou Portugal, "xurdiron diferentes opcións e esta é unha delas". O músico contou que o título do proxecto "Great Straits" dálle marxe para interpretar cancións da formación e do propio Mark sen compañía xa que el foi "o seu único compositor e o fundador fixo que o grupo se caracterizase polos solos de guitarra".
Rosende engadiu que tiña claro que o quería presentar aquí "porque son da Coruña e estou moi ilusionado con que sexa no Colón e na data elixida para cerrar así a primavera cun concerto", onde as cancións de Mark soarán máis dinámicas. Esa será a principal variación dunha posta en escena que vén das oportunidades que "a vida che brinda para empezar de novo, que non de cero". As entradas sairán á venda mañá a través das plataformas Eventbrite e Ataquilla e tamén estarán dispoñibles no propio teatro e no quiosco da praza de Ourense.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible