28 de novembro de 2022
A última proba apta para puntuar do circuíto Coruña Corre 2022 tivo emoción ata o final
Lonxe de deslucir o espectáculo, a choiva contribuíu á épica en Novo Mesoiro na última proba apta para puntuar da tempada en Coruña Corre. Pablo Bocelo e Mélanie Mariño impuxéronse na liña de meta.
Emocionante de principio a fin. Así foi a carreira absoluta de Coruña Corre. Especialmente rifada estivo a masculina, cun triunfo ao esprint de Pablo Bocelo, que parou o cronómetro en 17:14.
Só un segundo separou ao gañador do segundo clasificado, Álvaro Marín, e a mesma distancia houbo entre a prata e o bronce, que acadou Antón Gómez, o mellor sub-23. Preto do podio, a só catro segundos, quedou Abdelaziz Fatihi e tamén o viu próximo Álvaro Presedo, quinto clasificado a só dez segundos do gañador.
Tivo máis marxe, aínda que tampouco demasiado, para celebrar a vitoria a gañadora da categoría feminina, Mélanie Mariño, a única muller que logrou baixar dos 21 minutos (20:48). Completou o percorrido con vinte segundos de vantaxe con respecto á segunda clasificada, Uxía Rodríguez. A loita por completar o podio foi máis axustada. Inés Papin logrou o bronce (21:32), Nati Sánchez quedou a dous segundos e Nerea Sánchez, a cinco.
En sub-18 impuxéronse Ainoa Gontán (11:00) e Jorge Mouzo (09:30); en sub-16, Lara Solsona (12:02) e Daniel Salgueiro (09:28); en sub-14, Alba Morais (06:13) e Pablo Vázquez (05:43); en sub-12, Martina Bermúdez (02:58) e Jeyden Jael Silva (02:46); e en sub-10, Paula Morais (03:26) e Hugo Cordal (02:53).
Ademais, 163 Peques valentes desafiaron á choiva nunha mañá deportiva en Novo Mesoiro.
Esta foi a última proba válida para puntuar para Coruña Corre 2022, aínda que o circuíto conta este ano cun 'bonus track', o que se celebrará en decembro en homenaxe aos 50 anos do CHUAC. As inscricións para esa carreira están abertas.

30 de novembro de 2025

21 de novembro de 2025

17 de novembro de 2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible