Coruña21 celebra este domingo a súa XIV edición con máis de 1.400 corredores/as inscritos/as. A proba comezará ás 09.30 horas coa saída situada á altura do Obelisco, no Cantón Grande. O trazado, homologado pola RFEA, será dunha soa volta e ao final desta nota poderás descargar o documento adxunto co percorrido.
Recoméndase evitar, na medida do posible, usar o vehículo particular na zona afectada polo medio maratón e, en caso de necesidade, recoméndase utilizar os seguintes itinerarios:
- Das 6.00 ás 14.30 h. Corte TOTAL dos CANTÓNS, desviarase o tráfico de saída por Alcalde Manuel Casas e de entrada desde a praza de Mina cara a Juana de Vega.
- Das 9.00 ás 9.40 h. Corte TOTAL de Juana de Vega, recuperarase daquela o sentido de saída da cidade.
- Das 9.00 ás 10.45 h. Corte TOTAL da rúa San Andrés, r/ Santa Catalina, r/ Sol, Paseo Marítimo desde a glorieta da Casa dos Peixes ata Manuel Murguía e Manuel Murguía ata Pedro Ferrer. Este corte obriga a entrar e saír a Monte Alto - Cidade Vella obrigatoriamente por Linares Rivas - avda. do Porto - Túnel Mariña/Parrote/María Pita.
- Das 9.00 ás 12.45 h. Corte TOTAL da avda. da Mariña, Estrada do Porto e avda. do Exército entre Ramón y Cajal e a glorieta da Rolda de Outeiro.
- Das 9.00 ás 12.45 h. Corte PARCIAL, só a calzada ao lado do porto de Sánchez Bregua, Linares Rivas, Primo de Rivera.
Estes cortes obrigan a montar os desvíos habituais na AC-11 Alfonso Molina, AC-12 avda. Pasaxe, desde as 6.00 h, que se implantarán:
- Das 9.00 ás 12.45 h conéctase Alfonso Molina coa avda. do Porto de forma directa habilitando un carril de saída pola calzada de entrada, na zona do Viaduto.
- Das 9.00 ás 12.45 h desvíase o tráfico da AC-12 avda. da Pasaxe, só o SENTIDO ENTRADA CIDADE, cara á ligazón de Casabranca.
- Das 9.30 ás 11.40 h corte TOTAL dos viarios interiores do Porto.
- Das 9.30 ás 11.00 h corte TOTAL da rúa Posse, Alcalde Marchesi (ata Ramón y Cajal), Alcalde Pérez Ardá (desde a Rolda de Outeiro), Salvador de Madariaga (ata a glorieta con José Míñones Bernárdez/mercado).
- Das 9.30 ás 11.00 h corte PARCIAL da rúa Ramón y Cajal, calzada ao lado do centro comercial, Alcalde Pérez Ardá calzada lado centro comercial e colexio San Francisco Javier.
Estes cortes obrigan a montar os seguintes desvíos:
- Implantar dobre sentido no tramo final de Rio Monelos, para os garaxes, saíndo cara a Nicomedes Pastor Díaz.
- Túnel de Salgado Torres, o tráfico de entrada da cidade desvíase pola glorieta con Xeneral Rubín, mantense o de saída desde Fernández Latorre.
- Rolda de Outeiro córtase coa intersección con Pérez Ardá, polo que se desvían os tráficos do tramo da Estación de Tren polo ramal do Hotel Avenida cara a Alfonso Molina e na zona do parque de Oza cara a Travesía Rianxo.
- R/ Caballeros, só cara a Marqués de Amboage desde r/ Chile
- Avda. de Monelos só saída da cidade desde Rafael Dieste.
- Na rúa Vicente Ferrer, todo o tráfico cara a Rafael Alberti.
- Na rúa Miguel González Garcés, todo o tráfico cara á avda. de Monelos.
ACLARACIÓNS:
- Quedan suprimidas as paradas do transporte metropolitano de praza de Ourense e Entrexardíns e mantéñense catro camiños.
- Mantense aberta ao tráfico, en ambos os sentidos a avda. de Oza.
- Mantense un carril de saída da cidade, do lado das vivendas desde Juana de Vega - Sánchez Bregua - Linares Rivas que se incorpora obrigatoriamente a Alfonso Molina. Hai conexión para o tráfico entre a Palloza- Casa do Mar - Ramón y Cajal.
- Mantense a entrada e saída á Estación de Autobuses. Córtase a saída cara a Ramón y Cajal e a conexión coas Paxarelas, recoméndase o acceso polo túnel de Salgado Torres.
- Suprímense as paradas de taxis situadas no circuíto, con especial atención aos Cantóns e Ramón y Cajal.
- Liberarase a zona do Paseo Marítimo e praias sobre as 10.45 h.
Coruña21 quere con este Plan de mobilidade ofrecerlle á cidadanía as mellores facilidades no día da carreira, para que poidan gozar dunha competición que reunirá a máis de 1.400 atletas e mitigar, na media do posible, a súa incidencia no tráfico da cidade.