Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

10 de setembro de 2015

Plataforma14 inaugura a tempada expositiva coa mostra O valor do tempo

A sala Plataforma14 do Fórum Metropolitano inaugura o venres 11 de setembro, ás 20.00 horas, unha nova exposición vinculada coa escultura.



A mostra O valor do tempo ten coma obxectivo revalorizar a produción do obxeto único e dos procesos de creación artesanal a través de diferentes acabados e procesos de creación. O grupo de artistas participantes nesta exposición, que poderá verse ata o 28 de setembro, son Yago Arias, Natalia Blanco, Brais García, Silvia Kehl, Zoraida Martín, Juan Miranda, Nacho Martínez, Laura Pazos, Olalla Rodríguez e Pedro Silva.

A Sala Plataforma14, promovida polo Centro Municipal de Información Xuvenil (CMIX), é un espazo de recente creación destinado a visualizar os proxectos artísticos de artistas emerxentes da cidade. O recinto, que se atopa no Fórum Metropolitano, pode ser solicitado para exhibicións por todas aquelas persoas que teñan unha proposta creativa novidosa. Para máis información pode visitarse a web ww.coruna.es/cmix.

Categorías da noticia

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión