24 de febreiro de 2025
O Concello da Coruña impulsa a innovación cultural coa promoción dunha iniciativa única que fusiona tradición, ritmos latinos e pluralidade.
O Concello da Coruña anuncia o lanzamento do Koruñódromo, unha festa que converterá a tradicional praza José Sellier nun espazo de ledicia, baile e convivencia. Impulsada en colaboración cos propietarios dos locais de hostelería - A Buserana, Bar Tracio, Bodega Martirio, La Urbana e Redrum - e coa Asociación de Comerciantes Soho Orzán, esta iniciativa reflicte o compromiso da actual administración en promover actividades culturais que engaden valor á nosa cidade.
Inspirado pola enerxía dos sambódromos brasileiros e adaptado á esencia e ao clima coruñés, o evento celebrarase os próximos 1, 2 e 3 de marzo, e pretende converterse nun punto de encontro durante o Antroido coruñés, que segue afianzando a súa oferta festiva combinando tradición e innovación para todos os cidadáns.
Programación destacada
Un aspecto fundamental deste proxecto é a garantía dun espazo seguro e inclusivo, especialmente para as mulleres e o colectivo LGBTQ+, unha prioridade que se reflicte nas políticas do actual goberno municipal. Así, a visión da administración, liderada por Inés Rey, reafirma o seu compromiso coa cultura, a igualdade e o benestar dos cidadáns, posicionando A Coruña como un referente de innovación e festa.
O Koruñódromo é unha actividade máis que se suma á ampla programación do Antroido 2025 da Coruña, iniciada este sábado 22 de febreiro.
Descarga aquí a programación oficial do Antroido 2025 (1 MB)
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible