1 de agosto de 2015
Xurxo Souto evoca a historia da cidade, o seu talento e a súa música. "A festa somos nós", remata
Saúde e océano! Saúde e alegría!
Coruñesas e coruñeses, veciñas e veciños, vindeiras e vindeiros. Abride os ollos, abride o corazón! Preparádevos para as festas máis fermosas. Porque os auténticos protagonistas sodes vós. Estes días agromarán grandes espectáculos por todos os currunchos. Mais, insisto, o argumento fundamental da festa é o voso talento. Cada coruñesa, cada coruñés é un gran artista. Porque A Coruña é a música. E todos levamos unha sinfonía dentro. Repetide comigo: A Coruña, a festa somos nós!
Dixo Luísa Villalta no seu libro ?En Concreto?
O meu nome é o da Cidade Alta,
Nacido onde a luz e o mar
Se están orixinando mutuamente.
Onde a luz e o mar, se están orixinando mutuamente. Que bonito! Si, vivimos na marabilla. Armamos cada día a nosa existencia entre grandes magnitudes: Luz, mar, pedra, vento? Somos tripulantes da cidadebarco. A ?Nau enfeitizada? de Devesa Monterroso. Cidadebarco, como escribiu xa en 1933, no Poema da Cruña, o Padre Rubinos (alén do nome dunha residencia, era un magnífico poeta). Cidade ampla, cosmopolita. A Coruña non é periferia de nada . É un centro de creatividade , é un centro do mar . Sempre a mirar, sempre a soñar ben lonxe. Cara o norte Irlanda. Aí diante NovaYork. E tamén Cuba, para que o poeta máis querido, e non naceu aquí, Curros Enríquez, orgullo das nosas bisavoas, escribise, alén do mar as palabras máis fermosas:
Cando se pon a lúa tras do penedos,
Choran as estreliñas todas do ceo?
Tamén eu choro, tamén eu choro
Cando non me alumean eses teus ollos.
A Coruña unha pedra chantada no Atlántico.E na proa a Torre, facho acendido, entre as Mariñas e a Costa da Morte, para abrir camiños no Océano ?ou o que é o mesmopara abrir camiños entre todos os misterios. Luz, vento, pedra, mar?e nós dentro. É normal que saísemos artistas, elegantes, soñadoras e soñadores. Cidadáns supertodados para o oficio da alegría. Emoción que se reinventa cada madrugada na bohemia coruñesa. Na luz submarina de Urbano Lugrís. Naquela Coruña dos oitenta ? noite e salitre, creatividade extrema, do Jazz filloa e do Patacón, A Revista La Naval, Radio Océano, Xaime Cabanas, Lois Pereiro e os poetas de Amor e Desamor. A bohemia que creou un xeito propio de dicir. Esa escola coruñesa da canción que ten como máximo representante o grande Sito Sedes, que ten como máximo representante ao grande Pucho Boedo.
Mirou para os ceos, co puño pechado !
E cara os touzales rosmando marchou !
Cos ollos perdidos na escura extensión
E o sapo quedouse cantando: crocó.
A Coruña é a musica . Coa melodía máis linda na alta madrugada, cando se detén á fin o boureo dos homes e só soa o son do mar. Cando só soa tanto mar que nos arrola: A repetir cada noite a palabra máis fermosa: Orzán, Orzán, Oooorzán !
Neste pregón unha aperta de amor e homenaxe a un bohemio maior, un dos grandes compañeiros do propio Pucho Boedo. Deixounos hai só uns días, despois dunha vida toda a repartir polo mundo cousas bonitas. Esa si que é unha boa herdanza: Batería dos Tamara, batería dos Doré: Antonio Cruz ?Perillo?, o neno do Gurugú.
Peri, Peri, Peri
El rei del wachismén,
Tocaste con los Tamara, tocaste con los Doré.
A Coruña, a festa somos nós ! Medre a festa ! Medre o Mar !
Capitulo dous do pregón da cidadebarco: a historia
?ubi Brigantia Gallaeciae civitas sita altissimam pharum et inter pauca memorandi operis ad speculam Britanniae erigit. A Coruña, protagonista da gran historia. No seculoV Paulo Orosio falaba xa de Brigantia e do seu altísimo faro, a ollar lonxe cara Britania polos camiños do mar. A gran historia.E A Coruña a se reinventar cada día coas nosas pequenas historias. Nós. Miles de familias que viñemos das aldeas, para encher de vida entre tanto griscemento,os barrios todos, dende Eirís a Labañou. Músicos e navegantes. A Coruña, obreira, enxebre, popular..
Carmela,miña Carmela,
Manoxiño de nabizas
Ti que naciches na Grela?
Abenzoada cidade esta na que non hai título de nobreza maior que ter tido na fábrica de Tabacos unha avoa cigarreira. Mulleres rabudas, firmes, solidarias. Con ese retrouso que resoa coma un proverbio. A velliña aquela que quedara durmida no mitin. E que, conforme espertou cos aplauso, proclamou: Falou Chacón, falou ben!
Coruña da xente na que, insisto, todo acaba facéndose música . Comezando polo propio Concello. Contaban as avoas e aínda se canta pola parte de Nelledaquel concelleiro, responsable do servizo de incendios, que non apareceu cando a cousa se puxo quente e as lapas do lume máis o reclamaban:
Fandiño, Fandiño,
Onde tes o bombín
Na casa da alcaldesa
Para regar o xardín.
Si, era inevitable. Neste oficio da alegría entramos de bruzos na tradición do Antroido, con Pibela, Mazaricos, O Queleré da Silva, os Rexumeiros de Elviña e O Moucheiro de Vioño. Choqueiras e choqueiros da rúa Vizcaya, pola parte da Coiramia. Choqueiras e choqueiros da rúa da Torre que, con humor e alegría e algún pau no lombo, mesmo nos días máis duros da ditadura, souberon manter acesa a chama da Coruña libertaria. Por este rego antroideiro un saúdo á policia Municipal: O alcalde Molina, alén dos tulipáns de Holanda, trouxera de Madrid o primeiro policía ?pirulo en coruñésencargado de dirixir o tráfico. Situouno nun púlpito en Catro Camiños. Era guapísimo. As rapazas todas quedaban enfeitizas co seu movemento. Ben axiña o mestre Canzobre lle armou esta repichoca:
Guayabito, Guayabito!
A Coruña é a música , que chega polos camiños do mar. Lembro a un rapaz, anos sesenta, nun seiscentos ao pé da Torre. Non ía a se bicar coa moza, que probablemente tamén. Chamábase Nonito Pereira, e tentaba sintonizar na radio os últimos éxitos norteamericanos que emitía dende unha plataforma do Mar do Norte, Radio Caroláns. E porque A Coruña é música, a propia música galega contemporánea ?permítaseme a hipérbole descritivanaceu a uns poucos metros de aquí. No Campo da Leña, da man dos mestres de Cántigas da Terra. Pregutábanlle as cantareas ás señoras que viñan da aldea vender no mercado. Apuntábanas de orella nun pentagrama. E no seguinte día de mercado, unha semana despois, buscaban á señora esa para lle dar a lección. Como solistas do coro, fichaban as mellores voces obreiras que soltaban a gorxa polas tascas dos Olmos, da Franxa, ou da rúa da Galera. Toda a música galega está aquí no arquivo de Cántigas. E por iso a súa primeira foliada leva por nome Foliada da Coruña. Esa que ?mesmo sen nos dar de contalevamos dentro, ben dentro do noso corazón.
?Non che veño de mallare??
Medre a festa ! Medre o Mar !
Na Coruña todo é música. Diversa, multiforme. Temos unha cultura sonora extraordinaria. Así o levo experienciando dende hai vinte e cinco anos cos meus compañeiros dos Diplomáticos. Aqueles rapaces de MonteAlto que en lugar de asumir a condición de sucedáneo provinciano, quixemos pór en valor esta cultura sonora que latexaba na casa. Con Guni Varela, que era heavy, mais a súa familia de Aranga sabía as pezas enxebres todas: E pousa? Con Rómulo Sanjurjo, gran seguidor entón dos Chichos e dos Chunguitos: Carmen, Carmen. Mais a súa familia viña da parte de Viveiro, Chavín, e sabía o que era a música veradeiramente grande do campo da festa, A Ranchera Mexicana: Aquellos tempos que viviste junto a mi?.que mi amor fue para ti? Tamén eu escoitaba na casa contos con melodía. Unha viaxe do ano 54, da orquestra os Satélites, camiño de Venezuela. Entre eles, saxo alto, Manuel Eiroa, o meu avó. Chegaron, tocaron e fracasaron?
Si, só unha vez, os Satélites da Coruña non acadaron o éxito absoluto. Esta auténtica selección galega púxose a tocar ?ousada imprudenciano Caribe música tropical. Fracasaron si, mais aprenderon. E á volta trouxeron todo o esplendor, todo o poder do Trópico directamente ao campo da festa. Moito antes ?cosmopolitas nósque se inventase a palabra ?salsa? pola parte de Nova York: Así foi que empezaron papá e mamá ! Gloria aos Satélites. Cosmopolitas somos nós.
Con humildade e vehemencia, con este pregón ?polo menos así o intentotraemos a María Pita a mellor tradición coruñesa da música popular. Son a persoa máis feliz. Alegría extrema, inmensa fortuna. Tocoume o premio maior, ?Lucem candidiore nota? en palabras do poeta latino Catulo: Ou directamente en coruñés redondo: Neno, tremendo grelo !
Eu son dos Mallos, son de Labañou
Son da Gaiteira, son do Castrillón
Pola Agra, por Monelos Universo coruñento
Neno, tremendo grelo !
Medre a festa ! Medre o Mar !
A festa somos nós.
Capitulo tres, e para rematar.
Ao estilo do libro Luis Seoane, triunfador en Nova York, non pode haber pregón da festa sen unha Homenaxe á Torre ! Homenaxe á Torre de Hércules. Que é o mesmo que dicir, unha homenaxe á luz ! Dixo Arsenio Iglesias:
Somos como o mar da Torre, fortes, bravos, elegantes e cabaleiros. Somos como o mar da Torre, esa é a esencia do ser coruñés.
E Pucho Boedo cantou no seu derradeiro disco:
Torre d?Hércules da Cruña?Si que podes presumir ! Poucos faros hai? Señora de todo o mar Luz antiga que nos guías Dános sempre o teu solaz
Dende este pregón das festas de María Pita, convoco solemnemente á beleza . Ás melodías invisibles que nos enchen o ollo e o corazón dende o alto da Torre. A eufonía dos nomes das pedras percebeiras que aprendemos de Milucho Mariñas, música linda, que hoxe por fin, volve ser nosa:
Area de Concha, O Grelle, Macallás, O Cabalo, As Longuiñas, as Corredoiras, A Rabaleira, o Herminio, o Altar, Xogadoiro, o Gueivouteiro, o Boi, a Vaca o Becerro e o Becerriño, Coitelos de Terra, Coitelos de Mar?
Música bonita, Coruña invisible, nas augas que se estenden entre Sisargas e o cabo Prior ( pola banda de Ferrol) : As Acentes, Carpancho, Abarracios, Mar da Cota, Tousas de Leste, Tousas de Vendaval.
Ese mar da Coruña, que aínda que os e as terrícolas non o saibamos, ten nome, e ten nome de muller. Convido solemnemente á beleza , convido solemnemente como protagonista desta festa, a esa auga de nós, cuxo nome creo vai campar hoxe por primeira vez nesta praza de María Pita. Preparade as cornas ! Saúde e beleza, mar da Coruña, saúde e beleza:
Mar de María Antonia ! A festa sonos nós. Medre o Mar, Medre o Mar de María Antonia!
Final!
Coruñesas, coruñeses, veciñas e vindeiras, c on humildade e vehemencia propoño un ritual para a historia: Orzán (esta cidade é tan marabillosa que até ten uns seres míticos propios, os homes mariños, que, no século XVII, ?segundo o cardeal Jerónimo del Hoyochoutaba polo mar de Orzán.)
Moreniña por te ver
Crucei o mar da Marola
A piques de me perder
Compartamos a mensaxe definitiva desta cántiga: Cómpre arriscalo todo para buscar a beleza. A beleza , o mellor destino desta cidadebarco que se chama A Coruña. Como proclama en pedra o lintel do Concello. Cabeza, Garda, Chave, Forza e Antemural do Reino de Galiza. E chegou Luísa Villalta para sublimar estas palabras:
Cidade tatuada na petréa pel do mar.
A Coruña: Cabeza, Garda, Chave, Forza e Antemural do reino renacido!
Medre a festa ! E medre para sempre a alegría desta cidade marabillosa. Coruña bonita, Vilanova do mar. Mesmo no día máis feliz, queremos compartir tamén firmes esta reivindicación: Festas libres sen violencia machista ! Coruñesas, coruñeses, abride os ollos, abride o corazón:
A festa somos nós! Ai! Coruña,
Esta noite hei d?ir aló
Esta noite como presta
Esta noite, vou e vou,
Heiche d?ir armar a festa !

19 de decembro de 2025

18 de decembro de 2025

15 de decembro de 2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible