25 de febreiro de 2015
A Concellería de Servizos Sociais organiza esta actividade gratuíta para menores durante as vacacións de Semana Santa.
Os días 30, 31 de marzo e 1 de abril, en horario de 11:00 a 13:00 h, levará a cabo esta actividade lúdica dirixida a menores entre 4 e 12 anos. Os menores deberán cumprir o requisito de idade no momento da preinscrición.
A actividade de Recuncho do xogo realizarase nos seguintes centros cívicos:
Para participar na actividade Recuncho de xogo é necesario realizar o proceso de preinscrición.
Preinscrición
Sorteo: 17 de marzo ás 12.00 h en cada centro cívico.
Publicación de listaxe de admisións e lista de espera: 23 de marzo. Poderanse consultar no centro cívico correspondente, na páxina web www.serviciossociales.coruna.es e no Teléfono de información cidadá 010.
Ofertarase unha praza en cada grupo para menores con necesidades educativas especiais (NEE) ou discapacidade, en grao que non lles impida participar nas actividades co grupo, que contarán con monitorado de apoio para tarefas pedagóxicas, non acometendo funcións médicas ou hixiénico sanitarias.
No caso de querer optar a unha praza de NEE e/ou discapacidade, deberá indicarse no momento da preinscrición.
Terán preferencia no acceso os/as menores empadroados no Concello da Coruña.

19 de decembro de 2025

11 de decembro de 2025

8 de decembro de 2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible