Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

9 de marzo de 2024

Preto dun cento de ximnastas déronse cita na fase autonómica do Campionato de Ximnasia Rítmica na Coruña

Dúas ducias de clubs galegos participaron na competición, clasificatoria para o Campionato Nacional que se celebrará en Castellón

O pavillón de Monte Alto acolleu esta mañá a fase autonómica do Campionato Nacional de Ximnasia Rítmica - Xunta de Galicia, en modalidade base individual e base individual masculino. O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, fíxolle entrega dos premios aos gañadores.

Nas categorías xuvenís, Noa Cereixo fíxose co ouro xuvenil cunha nota de 17.600 seguida de Paula Gavilanes e Alba Varela. Na modalidade 2005-2006, o pódium foi para Lucía Villanueva, Mara Varela e Mara Pigueiras mentres que no 2007-2008 foi para Lucía Casilla, Laura Alonso e Naila Muñiz. Hugo Vázquez clasificouse como xuvenil masculino, cunha puntuación de 18.950.

En canto aos cadetes, na categoría 2010 o ouro foi para Martina Villalba, do Club Rítmica Milenium, que liderou o podio completo con Mai Fernández e Adriana Martínez. En canto ás cadetes do 2009, as gañadoras foron Edurne Dorado, Ainhoa Piñón e Carlota Millán. Participaron un total de 17 ximnastas das que só pudieron clasificarse as 15 primeiras, ficando fóra da competición nacional Irene Ares e Lucía Alonso. O cadete Iván Gutiérrez foi o único clasificado da categoría cadete masculino.

Na categoría alevín participaron tres ximnastas do 2013, clasificándose e entrando no pódium directamente, Belén Pérez, Carlota Mariño e Rosalía Montilla. E no canto das ximnastas do 2014, o pódio das alevinas foi para Lara Suárez, Zaira Mellid e Paula Fajar.

Por outra banda, na categoría benxamín clasificáronse Manuela Alonso e Paula Estraviz, respectivamente, na modalidade feminina xunto con Bernardo Gonçalves e Enzo Pintos na masculina. Poden consultarse os resultados completos da competición no seguinte enlace: https://www.infogim.com/acceso.php?id=166 

En total 93 ximnastas individuais participan na competición, con categorías dende benxamín a xuvenil. Dos preto dun cento de ximnastas, un total de catro eran masculinos. O campionato é a fase autonómica clasificatoria para o Campionato Nacional base que se celebrará en Castellón entre os vindeiros 9 e 14 de abril.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión